Cargando resultados...
Tres distritos portugueses da fronteira activan a alerta amarela por frío
As mínimas rozaron os cero graos nas últimas horas e agárdase que vaian a menos

Alberto Mancebo
20/01/2022 14:19
Portugal rexistra niveis baixo cero por primeira vez no inverno. Despois dun decembro con temperaturas máximas récord, o frío chegou mesmo con alertas.
Hai seis distritos con aviso amarelo por temperaturas baixas. Tres deles limitan con Galicia: Vila Real, Bragança e Braga, onde a mínima desta noite pasada estivo cerca dos cero graos e mañá aínda descenderá máis. Será en Bragança onde se espere o descenso máis acusado de todo o país.
Aínda así, o Instituto Meteorolóxico Portugués di que son temperaturas propias do mes de xaneiro e que aínda podían ser máis baixas. O pasado decembro foi o máis cálido en 40 anos en Portugal.