Tres nenos quedan feridos ao derrubarse a carpa dun planetario en Sevilla
No interior da carpa había unhas 55 persoas entre profesores e alumnos de primeiro da ESO

Tres nenos duns 12 anos foron feridos ao derrubarse unha carpa que acollía un planetario na Alameda de Hércules de Sevilla, no momento no que un grupo de escolares e os seus profesores se atopaban no seu interior.
Segundo avanzaron as fontes de Emerxencias 112 Andalucía, ás 12:50 horas recibíronse varias chamadas que alertaban da "caída parcial dunha carpa dun cinema" e de que había escolares dentro.
Os servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar atenderon a varias persoas, entre as que dous nenos foron derivados a centros hospitalarios en ambulancia e un terceiro foi levado por medios propios.
Debido á choiva que caía sobre a cidade a esa hora, os servizos de emerxencia contaron para atender ás persoas coa axuda dos bares da zona, que goreceron aos afectados e aos sanitarios mentres facían o seu traballo.
No interior da carpa había unhas 55 persoas entre profesores e alumnos de primeiro da ESO procedentes dun instituto da capital andaluza.