Últimas compras nos mercados para Noiteboa
Os galegos somos previsores, pero os días previos sempre se aproveita para ultimar detalles
Á primeira hora as poxas nas lonxas trouxeron o mellor peixe e o mellor marisco
A praza de abastos de Santiago, é un dos monumentos máis visitados da cidade, e nestes días está moi concorrido. Malia a tradicional suba de prezos conforme se achega a Noiteboa, sempre hai quen quere facer o menú co produto o máis fresco posible. Estamos ás portas do Nadal, e bos desexos e bos produtos véndese a partes iguais.
Véndese moito e algún praceiros din que "a xente espera a última hora e fórmanse ringleiras". Con todo, os máis dos galegos somos previsores e "case todo o mundo foi mercando aos poucos", di outra praceira. A xente quéixase de que estes días os prezos van máis caros pero a cambio gañan en que o produto é fresco. O que máis se vende estes días é peixe e marisco.
Á primeira hora as poxas nas lonxas trouxeron o mellor peixe e o mellor marisco para que os praceiros nos seus postos puidesen vendelo na previa da Noiteboa aos prezos habituais nestas datas.
Os prezos, coma sempre nestes datas, caros e subindo. Os praceiros non conseguen tanto como poderían vender. Mañá será a última oportunidade de conseguir produto fresco para as comidas do Nadal.