Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un acelerador lineal portátil facilita a radioterapia intraoperatoria no hospital de Santiago

Un acelerador lineal portátil facilita a radioterapia intraoperatoria no hospital de Santiago

Evítalles aos doentes 15 sesións de radioterapia externa

Pode usarse para tratar determinados tumores pequenos

O acelerador lineal do CHUS pode levarse dentro do quirófano
G24.gal 20/12/2021 13:51

O hospital de Santiago acaba de estrear un acelerador lineal portátil que permite radiar doentes operados de cancro no mesmo quirófano en que se lles extirpa o tumor. Evítalles aos enfermos as 15 sesións de radioterapia postoperatoria e é máis efectivo.

O acelerador evita desprazar o paciente desde o quirófano ata un acelerador convencional. O proceso é máis rápido e a eliminación de posibles residuos cancerosos microscópicos máis efectiva.

"Extirpamos o tumor, os ganglios que puidesen estar ou non afectados, e esperamos en quirófano o resultado destas extraccións. Unha vez comprobado que as marxes son adecuadas e que os ganglios son negativos, usamos este aparato para darlle a radioterapia que en condicións normais tería que facer de forma ambulatoria durante polo menos 15 días", explica Ana Calvache,
responsable de cirurxía do Hospital Clínico de Santiago especializada en operacións de mama.

"É una dose única, moi alta, claro, equivalente ás doses das 15 sesións externas", engade Nuria Salvador, do Servizo de Oncoloxía Radioterápica do CHUS.

A radioterapia intraoperatoria non se pode aplicar en todos os casos de cancro. Hai que ter conta, entre outros factores, a idade do doente e o estadio do tumor. "Teñen que darse unha serie de características que nos permitan garantir que a radioterapia postoperatoria sobre o leito cirúrxico é suficiente para eses pacientes", di Nuria Salvador.

O acelerador portátil de Santiago estreouse cun cancro de mama, pero tamén se pode usar, entre outros, en sarcomas ou cancros rectais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade