Cargando resultados...
Un camión perde un cargamento de vigas de formigón na estrada en Ames
Seis vigas de 2.200 kg cada unha quedaron atravesadas nos dous carrís da estrada Negreira-Bertamiráns
O suceso non deixa feridos, pero provocou retencións de tráfico
G24.gal
15/01/2024 10:53
O camión envorcou parte da súa carga sobre o asfalto por causas que non transcenderon. Seis vigas de 2.200 quilos de peso cada unha caeron do transporte e invadiron os dous carrís da estrada que une Negreira con Bertamiráns, á altura de Trasmonte, no concello de Ames.
Unha ambulancia que viña de fronte non puido evitalas e pasou por riba delas, polo que o vehículo quedou moi danado.
O suceso provocou retencións e tráfico lento por mor dos traballos de retirada das estruturas nunha vía con densidade de circulación alta. Afortunadamente, non se rexistraron feridos.