Cargando resultados...
Un coche sen freo de man cae ao mar en Muros
No seu interior non había ninguén
G24.gal
27/06/2024 20:15
Un coche caeu ao mar esta tarde no porto de Muros. No seu interior non había ninguén.
O seu propietario deixárao aparcado sen o freo de man nunha zona lixeiramente inclinada, o que fixo que o vehículo, un Opel Corsa, fose escorregando paseniñamente ata a beira do peirao.
Os bombeiros de Muros achegáronse ao lugar e comprobaron que estaba baleiro.
Un guindastre sacou o turismo da auga.