Cargando resultados...
Un condutor estraga as alfombras florais do Corpus de Gondomar
As alfombras florais arrasadas por un turismo en Gondomar
G24.gal
11/06/2023 18:22
Os feitos sucederon contra as 06:00 horas da mañá deste domingo, cando as alfombras estaban xa completamente rematadas nas rúas da vila.
Os traballadores doutra rúa próxima foron os que se aproximaron ata o lugar polo ruído na zona e comprobaron as consecuencias do paso do vehículo polas alfombras.
O vehículo levou por diante a pantalla protectora colocada polo concello e derramou todo o traballo realizado polo centro cultural de Mañufe e a da comparsa "O mellor de cada casa", situadas na céntrica rúa Eduardo Iglesias de Gondomar.