Cargando resultados...
Un desprendemento obriga a cortar o tren entre O Barco de Valdeorras e Monforte
Os usuarios están sendo trasladados en autobús

G24.gal
07/05/2024 21:14
Un desprendemento de terra sobre a vía do tren obrigou a cortar esta madrugada a liña entre O Barco e Monforte.
Segundo confirmaba o Adif a través das redes sociais, o desprendemento afecta o treito entre a estación de San Clodio e o apeadoiro de Freixeiro.
Os usuarios están sendo trasladados por estrada ata a estación de Monforte. Aseguran tamén que xa están traballando para resolver a incidencia o antes posible.