Reencontro coa familia que asistiu nun parto de urxencia hai 37 anos
Foi unha sorpresa dos seus compañeiros da Garda Civil tras a súa xubilación
Despois de cinco décadas de servizo na agrupación de Tráfico, Antonio Gómez xubilouse sendo o garda civil en activo máis antigo de España. Cincuenta anos nas estradas dan para moitas anécdotas, algunha especialmente felices.
En 1985, el e o seu compañeiro asistiron no parto unha muller que non chegaba a tempo ao hospital. O neno que naceu aquel día de camiño á Coruña xa é un home de 37 anos, que viviu con emoción o reencontro co seu matrón accidental.
Foi no quilómetro cero, ao pé da estrada N-550 ao seu paso por Cambre, no mesmo lugar onde deu a luz Milagros, a nai, asistida polas mans inexpertas dos axentes.
Non volveran saber nada uns dos outros. Os compañeiros de Antonio, xubilado desde xullo, propiciaron o reencontro, conscientes de que aquel día foi un dos máis especiais da súa carreira.