Cargando resultados...
Un home falece nun accidente de tráfico na parroquia compostelá de Conxo
Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o seu pasamento

G24.gal
18/01/2025 14:01
Última actualización 18/01/2025 18:35
Un home faleceu este sábado nun accidente ocorrido no lugar da Curuxeira, na parroquia compostelá de Conxo. Por razóns aínda sen determinar, o furgón que guiaba saíu fóra da vía e esnafrouse nunha leira.
Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o pasamento do condutor e único ocupante do vehículo. Agora, investigan se a causa do sinistro puido ser unha indisposición previa da vítima.
🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu tras saírse da vía co seu coche en Santiago.
— 112 Galicia (@112Galicia) January 18, 2025
📍 A Curuxeira, Conxo.
➡️ Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento.
🔗 https://t.co/ufb0j4IMwe pic.twitter.com/cyRj8Vh9DQ