Un ilustrador de Valdoviño crea azulexos personalizados para as casas dos seus veciños
Na vila xa hai quen fala da ruta do azulexo
Valdoviño ten a súa particular ruta do azulexo. A petición dos veciños, o ilustrador Niko Sánchez comezou a crear azulexos personalizados para marcar a numeración de casas, negocios ou lugares emblemáticos. Un pasatempo no que amosa a súa creatividade.
Todo comezou na parroquia de Meirás, cando o Concello de Valdoviño cambiou a numeración das casas.
Na pandemia Niko comezou a debuxar as casas e os edificios da zona, a xeito de caricatura. Tamén bares e veciños. E tivo tanto éxito ao materializalo nos azulexos que comezaron os encargos.
O proceso comeza cun bosquexo á man que logo se completa traballando de xeito dixital.
Desenvolve todo este traballo na súa casa. Leva feitos un feixe deles, pero ten un favorito e asegura que o que máis lle gusta é ver a cara de felicidade dos veciños cando reciben o seu azulexo personalizado. E hai quen fala xa da ruta do azulexo.