Cargando resultados...
Un incendio cun colector de mercadorías perigosas, nun simulacro no porto de Vigo
Bombeiros e Garda Civil actúan para salvar vidas nun suposto accidente con produtos químicos

G24.gal
24/05/2024 16:12
O porto de Vigo foi escenario dun simulacro de actuación nun accidente cun colector de mercadorías perigosas. Un cargamento dun produto químico incéndiase e provoca unha nube tóxica, o que pon en perigo a vida duns traballadores.
Rapidamente actúan os sanitarios, os bombeiros e os corpos de seguridade, como a Garda Civil e a policía portuaria. Poñen a salvo os feridos, sufocan o incendio e proceden á limpeza marítima e á instalación de barreiras. É un exercicio co que a Autoridade Portuaria pretende traballar na coordinación dos corpos implicados na resolución destes accidentes e poñer a proba o seu plan de autoprotección.