Cargando resultados...
Morre un traballador romanés en Friol ao caerlle unha árbore enriba
O suceso ocorreu sobre as cinco, a uns 200 metros da gasolineira da vila

G24.gal
26/01/2023 19:35
Última actualización 26/01/2023 21:00
Un home faleceu esta tarde en Friol ao caerlle unha árbore enriba.
O suceso ocorreu sobre as cinco, a uns 200 metros da gasolineira da vila.
Ao parecer, o home estaba cortando leña. Era un traballador romanés de entre 40 e 50 anos. Unha persoa que estaba co accidentado avisou os servizos de emerxencia.
Ata o lugar trasladáronse efectivos do 061 e da Garda Civil.
#AXEGAInforma dun home falecido en #Friol tras caerlle unha árbore enriba.
— 112Galicia (@112Galicia) January 26, 2023
Os axentes da @guardiacivil tratan de coñecer todos os datos relacionados co accidente.
Acudiron, ademais, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. pic.twitter.com/j0ss1LxjsA