Cargando resultados...
Un novo incendio calcina 20 hectáreas en Oímbra
Cinco axentes, doce brigadas, unha pa e oito motobombas traballan por apagar as lapas

G24.gal
30/07/2022 10:18
O lume regresa ao concello de Oímbra na noite deste venres. No lugar das Chás xa son 20 as hectáreas calcinadas segundo as primeiras informacións de Medio Rural.
Un equipo de cinco axentes, doce brigadas, unha pa e oito motobombas traballan por apagar as lapas.
Tamén na provincia de Ourense, en Castrelo de Miño, segue estabilizado o incendio de Barral. Polo momento van 200 hectáreas queimadas.