Morre un menor afogado na praia fluvial dos Franceses na Veiga
O mozo atopouse mal estando na auga, nunha zona do encoro ourensán onde non hai perigo
O concello decretou tres días de loito e suspendeu os actos festivos na localidade

Un rapaz de 16 anos faleceu este venres mentres nadaba na praia dos franceses, no concello ourensán da Veiga. O suceso ocorreu contra ás nove e media da noite, no areal do encoro da Prada, no río Xares.
O mozo estaba nadando cuns amigos cando dixo que se atopaba mal e decidiu sair do río. Pero xa non o conseguiu.
Foron os veciños e os familiares os que axudaron a sacalo da auga. Ata a zona desprazouse unha ambulancia e un helicóptero pero os sanitarios xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
O rapaz estaba en Seoane pasando as vacacións coa familia. O Concello decretou tres días de loito oficial e suspendeu todos os actos festivos que estaban previstos para estes días de agosto.