Unha aña de poucas semanas convértese na mascota máis famosa de Lugo
Pepa pasea polas rúas da Cidade das Murallas engaiolando a veciñanza
No barrio da Residencia de Lugo viven os donos de Pepa, unha aña que ten dúas semanas de vida e que anoxou a nai dous días despois de nacer. Non a quería e non a quería; un comportamento que se dá ás veces nos animais cando paren por vez primeira.
Malia que o rabaño de ovellas está na zona do Picato, a uns dez quilómetros de Lugo capital, os donos das pécoras decidiron traer a aña para Lugo para evitarlle a morte segura que tería se a deixaban no medio do rabaño cunha mai que non a aleitaba.
Ao traela para Lugo había que sacala a dar unha volta pola cidade, onde chama a atención de todo o mundo: persoas e mascotas.
A súa intención é que a aña estea canda eles en Lugo ata que pase un mes ou mes e pico, cando xa se defenda en por si. Despois, xa entrada a primavera e cando comece a pacer, devolverana á aldea, onde seguro, algunha vez, botará en falta a súa infancia urbanita.