Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gandeiros buscan ferramentas para facer máis rendibles as súas explotacións

Gandeiros buscan ferramentas para facer máis rendibles as súas explotacións

Coristanco acolle a terceira edición do Foro Empresarial Lácteo

Debaten sobre as axudas da PAC ou como mellorar a organización das granxas

G24.gal 22/01/2025 13:34

Os gandeiros buscan ferramentas para sacarlle o maior rendemento as súas explotacións leiteiras no Foro Empresarial Lácteo que comeza hoxe en Coristanco.

As axudas da PAC, as novidades en financiación para as granxas ou como mellorar a organización das explotacións son algúns dos temas a debate e na inaguración estivo a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, que destacaba o papel do sector leiteiro galego en España e Europa. 

"Somos o potencial lácteo en España, cada vez se transforma máis leite en Galicia, tamén nas explotacións, e somos un referente xa en Europa", dixo María José Gómez.

A conselleira puxo de relevo a importancia da formación para impulsar o crecemento e mellorar a rendibilidade do sector lácteo galego e destacou a evolución que experimentou este ámbito produtivo nos últimos 50 anos e engadiu que a formación dos profesionais do sector agrario contribuíu a ese cambio.

"Cada vez hai máis xente formada á fronte dunha explotación e apostan pola innovación e a modernidade para conseguir mellor e maior produción", afirmou.

O edificio de servizos múltiples de Coristanco acollerá vos días 22 e 29 de xaneiro e 5 de febreiro, de 11:30 a 17:00 horas, a terceira edición do Foro Empresarial Lácteo, que nesta ocasión centrarase en cuestións relativas á xestión e organización dás granxas, tanto a nivel interno como na adaptación á situación dos mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade