Unha avaría eléctrica deixa sen luz medio milleiro de clientes na Rolda de Outeiro, na Coruña
Os prexudicados estiveron oito horas sen luz
Os veciños non puideron facer o xantar e os negocios quedaron sen traballar
Boa parte da Rolda de Outeiro foi afectada por unha avaría eléctrica. A incidencia rexistrouse ás once e media da mañá deste martes. Daquela, os negocios da zona, quedaron sen poder traballar.
"Tivemos que pechar todos os negocios porque a xente entraba e saía". "Estaban todos moi enfadados. No salón de peiteados quedaron mulleres coa tintura na cabeza e outras coas uñas a medio facer".
E os veciños tamén sufriron a avaría. "Tivemos que comer un bocadillo porque eu teño todo eléctrico e non podía cociñar". "E os ascensores tampouco funcionaban, todos polas escaleiras. Foi horrible".
Oito horas despois, contra as sete e media da tarde, o servizo quedou restablecido.