Cargando resultados...
Unha muller dá a luz en plena rúa de Madrid
Auxiliouna unha enfermeira que pasaba pola zona

G24.gal
31/05/2023 08:52
Novo caso dun parto en plena rúa. Sucedeu no distrito madrileño de Villaverde. A muller, de 28 anos, rompeu augas na rúa Villajoyosa e comezou as contraccións sen que lle dera tempo a chamar un taxi. Unha enfermeira que pasaba por alí auxiliouna e avisou os sanitarios do SAMUR, que cortaron o cordón umbilical e examinaron a nai e a bebé. Despois trasladáronas ao Hospital Doce de Octubre.