Cargando resultados...
Unha nova experiencia rural en Rairiz de Veiga, en plena Reserva da Biosfera
No aloxamento rural organizan as rutas para coñecer esta contorna natural
A casa rural ten capacidade para aloxar 28 persoas
G24.gal
15/11/2021 21:55
Hai dous anos Carolina e Fernando aloxáronse nun cuarto da aldea de Santo André. Alugaron a aldea completa, que xa estaba rehabilitada para o turismo rural, e agora este é o seu xeito de vida, lonxe da cidade.
Situada en plena Reserva da Biosfera en Rairiz de Veiga, Santo André, na comarca da Limia, disque é un lugar que paga a pena descubrir.
Carolina e Fernando contan con capacidade para aloxar 28 persoas e eles organizan as rutas para coñecer esta zona chea de beleza natural.