Cargando resultados...
Unha panadería da Coruña fai descontos aos que teñan nomes en galego
Súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas
G24.gal
17/05/2022 14:20
O Día das Letras celébrase de moi distintos xeitos. Están dunha banda os actos institucionais, por suposto, pero tamen existen múltiples iniciativas para poñer en valor a nosa lingua. Nunha panadería da Coruña atopamos unha das máis orixinais.
Neste 17 de maio pensaron en todos aqueles que teñen nomes en galego e que mil veces teñen que deletrealo. Así que para adozar un pouco esa paciencia decidiron facer un desconto a todos aqueles que se acheguen ata aquí; iso si, demostrando que o seu é un nome galego. É a súa particular achega para celebrar o Día das Letras Galegas e, ao mesmo tempo, defender o noso.