Unha panadería de Coristanco, entre as tres mellores de España
O molete da panadería Roiser compite pola estrela de ouro, un dos principais recoñecementos do ramo a nivel estatal
Na fase final do concurso competirá con dous establecementos de Huesca e Murcia.
"E un recoñecemento ao traballo artesanal e aos clientes que compran a diario"
É un recoñecemento ao traballo artesanal que se ve recoñecido e premiado. Primeiro de todo é un recoñecemento aos clientes que compran a diario e permiten que haxa artesáns que queiran dedicarse a isto", di Victoria Porteiro.
Detrás deste obradoiro Roiser de Coristanco hai tres xeracións de panadeiros e a aposta persoal dunha muller pola volta ao rural.
"Eu estaba en Madrid, cunha vida moi diferente, dedicada á asesoría xurídica, e apostamos por volver ás raíces e por isto", apunta Victoria.
Entre as 50 mellores panaderías de España hai outros nomes galegos seleccionados, pero só eles chegaron ao final deste concurso.
"É unha responsabilidade grande e moitos nervios".
Seleccionada entre as tres mellores panaderías de España, preparan estes días para facer a mellor fornada no final do certame en Bilbao.
"É un molete galego, moi similar ao de Indicación de Orixe Protexida; non é o mesmo, pero empregamos fariña autóctona e levamos auga do noso manancial", di.
Participan tamén cunha barra de trigo que é unha novidade e que axiña ofrecerán aos seus clientes.