Unha pista segue intrasitable un mes despois dos temporais na parroquia de Esmelle
Os veciños teñen que armarse con botas ou saltar polos valados para pasar
A pesar dos reiterados avisos no concello, a pista segue sen amañarse
Máis dun mes levan os veciños de Esmelle, en Ferrol, demandando o arranxo dunha pista que quedou intransitable por mor dun corremento de terra tras os temporais de decembro. Pero a lista de queixas é longa e aseguran que o desleixo e a desidia co rural son absolutos.
As escorreduras que provocou o temporal o 24 de decembro pasado causaron varios desprendementos de terra nesta pista de Esmelle. Moitos veciños pasean acotío por ela e mesmo era o acceso en coche para unha vivenda, pero desde entón quedou intransitable.
Os que a usan teñen que armarse con botas ou saltar polos valados para pasar. A pesar dos reiterados avisos no concello, a pista segue igual.
Aseguran que isto é consecuencia do deficiente trazado das pistas da parcelaria, da falta de canalización da auga e de que non se limpen as cunetas. Pero non é a única queixa. Os veciños de Esmelle din que se senten abandonados no rural.