Cargando resultados...
Unha praga de formigas desespera os veciños da Ruibal, en Pontevedra
Invaden as vivendas dende antes da pandemia
Piden ao Concello que fumigue para acabar coa praga
G24.gal
10/10/2022 14:15
Na parroquia de Salcedo, en Pontevedra, as formigas están a facer a vida imposible a ducias de veciños. Unha praga coa que levan loitando anos, pero que estes últimos meses se fixo insoportable.
Están desesperados porque unhas formigas diminutas están a inutilizar bombas de pozos, motores dos portóns e caldeiras. Mesmo saen a moreas polas billas e os enchufes.
Xa non saben que facer para acabar con elas, e acaban de organizar unha recollida de firmas para pedir ao Concello de Pontevedra unha fumigación xeral da zona.