Unha vaga de calor desde o luns apunta cara o récord de temperatura máxima en España
Galicia vai esquivar a situación complicada polas altas temperaturas aínda que entra o anticiclón
A Aemet activa o luns os primeiros avisos vermellos do verán en zonas do val do Guadalquivir de Xaén e Córdoba polo risco de que se superen os 44 graos

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) asegura que pola extensión, duración e intensidade haberá unha altísima probabilidade de que se confirme a primeira vaga de calor deste verán.
Aínda que xa as temperaturas son altas durante a fin de semana, por riba do normal en moitos puntos, sobre todo o domingo, a vaga de calor vai comezar o luns, que ademais será o peor día e vai afectar sobre todo á metade sur da península. Prolongarase ata o mércores.
O episodio cálido de xuño que nas previsións estaba ao límite non foi unha vaga de calor. Conforme os datos que analizou a Aemet, a axencia determinou que as temperaturas extremas daquela só afectaron unha extensión ampla do país durante dous días e non tres.
⚠️El movimiento retrógrado (de este a oeste) de una dorsal anticiclónica, junto con una masa de aire muy cálido penetrando por el Mediterráneo, unido a la estabilidad y a la alta insolación propia de la época, dará lugar a un episodio de temperaturas muy altas a partir de mañana. pic.twitter.com/1afjostnfj
— AEMET_C. Valenciana (@AEMET_CValencia) July 8, 2023

Agora as previsións apuntan a que vai afectar sobre todo a metade sur e cunha duración de polo menos ata o mércores. Esta fin de semana a atmosfera vai ir estabilizándose e sumaranse os demais factores meteorolóxicos que activan o coñecido como forno ibérico a partir do domingo.
Entra unha dorsal con aire cálido que, unida á insolación propia da época e a unha masa de aire de orixe saharaiana cálida e seca, propicia a situación.
O domingo xa se poden alcanzar os 40 graos na parte central do val do Guadalquivir, os 36-38 graos en zonas da meseta sur e interior das Baleares, e os 36 no val do Ebro. En Andalucía actívase xa o aviso laranxa, mentres que o amarelo aparece en Aragón, as Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid, Murcia e Valencia.
Episodio acusado entre o luns e o martes
As temperaturas irán a máis o luns e o martes, as xornadas co pico da vaga de calor. O luns soben de xeito claro en case toda a Península e nas Baleares, cunhas máximas por riba do normal de xeito xeneralizado: máis de 38 graos no interior peninsular e de Mallorca, máis de 40º en áreas do interior da metade sur e mesmo os 44 graos con aviso vermello en puntos do val do Guadalquivir.
O luns a situación pode mesmo facer perigar a marca de calor. Agora mesmo en España está en 47,6º, aos que chegaron os termómetros na Rambla en Córdoba en agosto de 2021, dúas décimas por riba do récord anterior que tiña a tamén cordobesa Montoro.
⚠️ Durante los próximos días, el calor intenso supondrá un peligro importante, e incluso extremo, en amplias zonas de España.
— AEMET (@AEMET_Esp) July 8, 2023
Por ello, activamos para el lunes avisos de nivel naranja (temperaturas máximas entre 39 y 42 °C) y rojo (podrían alcanzarse 44 °C en Córdoba y Jaén) pic.twitter.com/KxvokHAXL3
Para o mércores as previsións da Aemet despois da intensidade da suba das temperaturas dos primeiros días da semana consideran probable que refresquen na metade norte e centro. Pero a calor extrema vai seguir no terzo sur, coas temperaturas aínda moi altas.
Pola noite a situación non vai ser mellor coas mínimas moi elevadas co que regresan as noites tropicais, cos termómetros que non baixan dos 20 graos, e mesmo tórridas , por riba dos 25º, na metade suroriental, especialmente no terzo surleste e nas Baleares.