Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue aberta a operación en que se detiveron 9 persoas no Salnés

Segue aberta a operación en que se detiveron 9 persoas no Salnés

A Garda Civil e a Policía Xudiciaria de Portugal coordínanse nas actuacións, seguindo as instrucións da Audiencia Nacional

G24.gal 19/12/2023 11:47 Última actualización 20/12/2023 09:25

A Garda Civil detivo polo menos nove persoas nun operativo contra o tráfico de droga con epicentro no Salnés ordenado pola Audiencia Nacional. Realizáronse varios rexistros, do mesmo xeito que noutras provincias e en Portugal.

Segundo confirmaron fontes da Garda Civil, é a Audiencia Nacional a que dirixe o operativo, levado a cabo polo Equipo contra o Crime Organizado en Galicia da Garda Civil e pola Policía Xudiciaria do país veciño. 

As mesmas fontes aseguraron que se produciron xa seis arrestos, aínda que se esperan máis ao longo do día. Os rexistros realizáronse en diferentes inmobles de Vilanova de Arousa e doutras provincias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade