Cargando resultados...
Éxito no regreso das viaxes diarias ás Cíes pola Semana Santa
Os menores de 12 anos viaxan de balde ata o mércores
G24.gal
10/04/2022 13:32
A maioría dos turistas que se achegan para visitar as Cíes son de fóra de Galicia, e non coñecían o arquipélago. Veñen coa idea das reportaxes e fotografías que viron nas súas localidades de orixe. Veñen buscando o último paraíso. Desde as Canarias, Mallorca, Tarragona ou Bristol.
Os británicos viñan preparados para se bañaren coa idea de que a auga non estaría máis fría ca no seu país.
Aínda quedan prazas para visitar as Cíes, ata o mércores os que vaian con cativos menores de 12 anos non pagarán pola pasaxe dos menores.