Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven os problemas coa auga da traída en Malpica

Volven os problemas coa auga da traída en Malpica

Estará cortada unhas 24 horas para limpar os depósitos 

G24.gal 10/11/2022 07:08

O corte na subministración da auga é por unha vertedura incontrolada no río de Vaa, que abastece o punto principal de captación para o concello de Malpica. Fixo necesario proceder á limpeza íntegra dos depósitos.

O alcalde Eduardo Parga emitiu un bando en que explica a situación. Son 23 as parroquias afectadas. Entre elas, o propio centro da vila.

A situación non é nova para os veciños.  Xa tiveran problemas coa auga a finais do verán, durante varias semanas, por exceso dunha substancia química que se forma co cloro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade