Xa se pode visitar o poboado de Nadal de Guitiriz, no lugar dos Vilares
Pódese ver, de balde, ata o 7 de xaneiro e sempre en horario de serán
Segundo anoitece hai un xardín de Nadal situado na aldea de Vilares, en Guitiriz, que gaña en vistosidade.
Máis dunha trintena de bonecos, a maior parte con luz e algúns con movemento, acaparan todas as miradas e non é para menos porque esténdese por case tres mil metros cadrados de terreo.
Hai ata unha cabana de Papa Noel, e a novidade deste ano é un poboado en miniatura con movemento e no que mesmo neva.
A creadora desta instalación de Nadal xa perdeu a conta de cantos bonecos ten. Hai dez anos que realiza esta montaxe, no que colabora a súa familia.
O vento é o principal inimigo das figuras, que acaban rachando porque son inchables, pero a dona deste orixinal poboado de Nadal di que lle paga a pena porque todos os anos recibe moitos visitantes.
Pódese ver, de balde, ata o 7 de xaneiro e sempre en horario de serán, que é cando mellor se aprecia a decoración.