Contido coa etiqueta .
Roubos

Rouban combustible nun dos xeradores instalados para dar electricidad a veciños de Meira
29/01/2025 14:33
Os veciños que sufriron o apagamento polos efectos do temporal volveron quedar sen luz
A causa parece ser o roubo de combustible nun dos xeradores que instalou a compañía eléctrica para dar servizo

Detido o suposto autor dun roubo nunha vivenda de Cospeito
29/01/2025 13:06
Ameazou os moradores cun coitelo

Detido por máis de trinta roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes
29/01/2025 10:32
Atribúenselle os roubos cometidos o pasado outubro nos municipios de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e Melide
Impútanselle ao sospeitoso un total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade vial
Rompía todas as xanelas dos vehículos se non atopaba o botín desexado no seu interior

O roubo do portón da cementeira antiga de Narón deixa ao descuberto un vertedoiro
28/01/2025 14:58
Hai colchóns, moreas de restos de obras e material contaminante como pintura e uralita
A cementeira pechou no ano 2011, vítima da crise do ladrillo

Recuperan máis de 100 restos de mamuts espoliados dun xacemento de Granada
25/01/2025 12:33
A Garda Civil detivo tres persoas acusadas de danos, encubrimento e apropiación indebida de material de interese científico-cultural

Detidos dous veciños do Barco de Valdeorras como presuntos autores de varios roubos
24/01/2025 13:26
Os axentes puideron constatar que os patróns de conduta non coincidían. Tratábase de dous autores sen vinculación entre eles.
Mais ás veces compartían o mesmo 'modus operandi', como escachar cristais con tapas de sumidoiros ou bombonas de butano

Tres detidos por pegar e amordazar un home para roubar na súa casa en Sada
24/01/2025 11:32
Da vivenda levaron un teléfono móbil, unha tarxeta sanitaria, unha tarxeta de débito e diñeiro en efectivo
Un xuíz decretou o ingreso en prisión provisional sen fianza

Deteñen un home acusado de roubar case dous mil euros na casa duns veciños en Castrelo de Miño
23/01/2025 17:22
O home quedou libre con cargos despois de declarar nun xulgado de Ribadavia

Rouban en varias dependencias municipais de Abegondo
23/01/2025 13:53
En semanas consecutivas entraron roubar no albergue de peregrinos e no centro social de Presedo e no de Meangos

A Garda Civil investiga un espectacular roubo nunha ferraxería de Cangas
23/01/2025 13:26
Levaron 8 motoserras e varias rozadoiras e fuxiron nunha furgoneta roubada

Detidas seis persoas relacionadas cun cento de roubos cometidos en Galicia e Asturias
23/01/2025 12:29
Catro dos arrestados ingresaron xa en prisión
Actuaban de noite, encapuchados e de forma violenta

Tres detidos co ordenador roubado á avogada da parella de Ayuso cando tentaban pasar a Marrocos
23/01/2025 10:16
As tres persoas, que trataban de pasar a Marrocos co computador roubado, de marca Apple, atópanse en dependencias policiais á espera de pasar á disposición xudicial
Fontes da investigación sinalaron que tiñan na súa posesión non só o computador roubado á avogada de González Amador, senón que tamén transportaban outros computadores

22/01/2025 10:50
Tras escoitar ruídos, a vítima atopouse con tres persoas que trataban de acceder á súa casa
Os encapuchados exhibiron un arma de fogo que os investigadores, polo momento, aínda non lograron esclarecer se era real ou unha imitación

Alerta no barrio coruñés da Falperra pola presenza dun carteirista
21/01/2025 14:40
Falan dun home duns trinta anos que actúa ao descoido e sen empregar violencia
As vítimas son, sobre todo, persoas maiores

Rouban portas e ventás dun edificio do concello de Muras acabado de rehabilitar
21/01/2025 13:53
O volume do material subtraído ascende a 45.000 euros
O concello recepcionara a obra da rehabilitación hai un mes

Asaltan unha cafetería de Ourense rebentando a porta de cristal
21/01/2025 13:23
Revolveron todo e marcharon coa caixa rexistradora con 200 euros en cambio e coas propinas
É a terceira vez que rouban neste bar dunhas céntricas galerías da cidade
A Policía Nacional investiga se os numerosos roubos en negocios de Ourense gardan relación

A Garda Civil investiga a entrada nas casas de dous avogados e do arquitecto do mozo de Ayuso
21/01/2025 10:12
A avogada Guadalupe Sánchez denunciou ante a Garda Civil o roubo do seu computador e a entrada no seu domicilio o pasado 10 de xaneiro
O propio González Amador tamén denunciou unha entrada no seu vehículo, que se atopaba aparcado no seu lugar de traballo

Investigan un roubo con violencia nunha vivenda en Lobios na que o dono, de 74 anos, quedou ferido
20/01/2025 10:38
A vítima permanece hospitalizada
As pescudas só revelaron que os asaltantes eran tres

Detida unha banda que roubou reloxos de luxo valorados en 2 millóns de euros
18/01/2025 12:04
Trátase dunha organización mafiosa napolitana que o pasado ano protagonizou 49 roubos con violencia en varias localidades españolas

Rouban nunha vivenda do Barco de Valdeorras unha colección de moedas valorada nuns 15.000 euros
17/01/2025 10:54
Na denuncia perante a Garda Civil, o dono taxou o roubado entre 10 e 15.000 euros, que é o que lle custaron a el as moedas que ía comprando pouco a pouco
Leva máis de 50 anos coleccionando moedas e confía tamén en recuperar a súa prezada colección

Desartellada unha rede transnacional que asaltou unha vintena de vivendas de luxo en España
17/01/2025 10:45
A Garda Civil detallou que o líder da rede e o seu segundo foron detidos en París en agosto, cando tentaban roubar nesa capital aproveitando os Xogos Olímpicos, e outros catro integrantes foron detidos en España o pasado outubro
A operación estivo dirixida desde un xulgado de Ponferrada (León), coordinada pola Europol e realizada por unha unidade da Garda Civil con sede en Galicia

Un delincuente reincidente ataca cun ácido a caixeira dun supermercado
16/01/2025 14:19
A empregada defendeu a caixa e o ladrón marchou cunhas follas de bacallau e unhas botellas de ron
O asaltante é un veciño de Vilagarcía, de 59 anos, que xa estaba fichado por roubos similares

Rouban material deportivo e outros bens no campo de Vista Alegre de Boiro
16/01/2025 14:08
Levaron botas de fútbol, bebidas, utensilios da cantina, produtos de limpeza e outros bens valorados en máis de 4.000 euros

Deteñen cinco individuos como autores da vaga de roubos en comercios de Santiago
16/01/2025 13:33

Escachan o escaparate dun salón de peiteado de Ourense para roubar
16/01/2025 12:58
Os asaltantes lanzaron unha pedra de grandes dimensións para facer un burato no cristal
Fuxiron con alisadores de pelo e secadores profesionais

Detidos catro membros dunha banda dedicada a roubos tras unha persecución pola provincia de Lugo
16/01/2025 08:50
A persecución comezou na Mariña, foron interceptados na Pastoriza e, finalmente, as detencións producíronse en Meira

Detido un home en Ferrol acusado dun roubo con intimidación nun estanco
15/01/2025 14:01
O arrestado xa pasou a disposición xudicial

Atopan o coche das vítimas do roubo violento en Meis que os asaltantes usaron na fuxida
15/01/2025 10:25
A parella, que foi brutalmente agredida, xa recibiu a alta hospitalaria
A Garda Civil mantén o amplo dispositivo para dar cos autores do asalto

Un home confesa a uns axentes en Vigo que cometera un roubo o día antes
15/01/2025 09:38
O detido admitiu que se entregara porque non quería seguir coa delincuencia, que tiña varias causas xudiciais pendentes e que desexaba ingresar en prisión

A Garda Civil alerta dun novo método para roubar ao descoido dentro dos coches
14/01/2025 14:35
O que se coñece como método da semente empregase para distraer a vítima cando está dentro do vehículo, mentres un cómplice aproveita para entrar pola porta do acompañante e roubar o que atopa

Tres detidos en Santiago acusados de varios roubos no comercio e na hostalería
14/01/2025 13:45
A un dos detidos, un coñecido delincuente, déronlle o alto cando saía dun bar onde entrara presuntamente a roubar

Buscan unha banda itinerante que asaltou seis vivendas en Verín
14/01/2025 13:36
Levaron un botín de 5.000 euros en efectivo, xoias e aparellos electrónicos
Actuaron na Noitevella, mentres os donos das casas estaban fóra

Deteñen dous mozos por roubos en centros comerciais de Ourense, Santiago e Parla
14/01/2025 10:11
Os mozos usaban falsas identidades para aloxarse en hoteis e alugar vehículos de alta gama e chegaron a realizar trasferencias bancarias por valor de 17.000 euros, coa documentación e os móbiles subtraídos
Os presuntos autores foron detidos o pasado do 10 de xaneiro, ingresando un deles en prisión tras pasar a disposición xudicial no xulgado de Ourense

Preocupación na Mariña ante unha vaga de roubos en establecementos comerciais
13/01/2025 13:48
Este domingo asaltaron un restaurante en Ribadeo e tentaron sen éxito entrar nun estanco en Lourenzá
A Garda Civil non desbota a posibilidade de que os roubos sexan obra do mesmo grupo

Comerciantes e hostaleiros de Compostela piden máis vixilancia policial pola vaga de roubos
12/01/2025 15:07
Nas últimas semanas rexistráronse máis de cinco asaltos a locais
Os propietarios dos establecementos reclaman máis presenza policial na zona

Detido un home pola vaga de roubos en locais do barrio compostelán das Galeras
10/01/2025 19:27
Os ladróns non conseguían grandes botíns, pero provocaban importantes estragos

Entran no único supermercado de Muras e levan aceite e chocolate
10/01/2025 14:34
O botín, segundo a valoración que fixeron os propietarios, supera os 3.000 euros
Tamén roubaron noutros concellos próximos, onde levaron un coche e forzaron a entrada dunha cantina

Os ladróns cébanse coas máquinas expendedoras na comarca de Bergantiños
10/01/2025 14:20
Varios negocios de Ponteceso e de Carballo valoran desfacerse das máquinas por impotencia
Un empresario leva gastados uns 8.000 euros, tras sufrir catro roubos en dous locais

Aumenta a preocupación na Pobra do Caramiñal polos roubos en coches
09/01/2025 14:38
Calculan que romperon as ventás dunha ducia de coches nunha noite
O único detido en relación cos roubos quedou en liberdade

Rouban dúas veces en 72 horas nunha peixería do barrio compostelán de Santa Marta
08/01/2025 18:21
Os axentes estaban moi preto do lugar vixiando outros ladróns, moi coñecidos na zona
Outros comercios e locais de hostalería tamén foron vítimas de roubos nas últimas semanas