Contido coa etiqueta .
Cesamento Fogo

Hamas libera outras catro reféns israelís nunha cerimonia multitudinaria
25/01/2025 10:20
Son Liri Albag, Karina Ariev, Daniella Gilboa e Naama Levy, de entre 19 e 20 anos, capturadas o 7 de outubro de 2023
Israel entregou a cambio 200 presos palestinos, 50 por cada unha das mulleres soldado que regresaron ás súas casas

O Goberno de Israel aproba o acordo de cesamento do fogo na franxa de Gaza
18/01/2025 08:10
O alto o fogo entrará en vigor este domingo, 19 de xaneiro. Segundo anunciou Qatar, será ás 8:30, hora local
Nunha primeira fase, Israel dará luz verde á entrada de axuda humanitaria e combustible e á rehabilitación de hospitais
Hamas vai liberar 33 reféns xudeus a cambio da excarceración dun número non especificado de presos palestinos
.png)
O Goberno de Netanyahu debate a aprobación do alto o fogo en Gaza
17/01/2025 20:37
O gabinete de seguridade dá o visto e prace
Entraría en vigor o domingo coa liberación dalgúns dos 33 primeiros reféns

Israel di que os primeiros reféns serán liberados o domingo e convoca unha reunión de Goberno
17/01/2025 08:51
O Goberno israelí reúnese este venres para aprobar o acordo
O exército hebreo non cesou os seus ataques contra a Franxa e polo menos 90 palestinos morreron desde que se anunciou o mércores o acordo de cesamento do fogo

Exipto impulsa un encontro entre os EUA e Israel para discutir a tregua en Gaza
07/07/2024 08:45
Segundo Al Qahera News, O Cairo está a facer contactos con "todas as partes" logo de que Hamas presentara unha proposta revisada

Hamas e Netanyahu amosan as súas reticencias coa proposta de Biden
02/06/2024 17:17
O principal asesor de exteriores de Netanyahu considéraa defectuosa, pero asegura que Israel a acepta para que liberen os reféns
Un alto funcionario do grupo islamita critica na cadea Al Yazira que estea baseada en ideas e nun "marco xeral" carente de detalles

Netanyahu acepta intervir ante as dúas cámaras do Congreso dos EUA
01/06/2024 09:08
Hamas amósase disposto a un intercambio de reféns sempre que o pacto implique a fin da guerra
A proposta de tregua anunciada por Biden contempla a retirada gradual das tropas na Franxa
Israel vai presentar un borrador de tregua, pero deixa claro que o seu obxectivo final é rematar coas capacidade de Hamas

Israel, os EUA e Qatar acordan retomar as conversas para unha tregua con Hamas
25/05/2024 14:46
As conversas renovaranse a vindeira semana, tras pactar en París un novo esquema

Netanyahu di que Israel non pode aceptar a fin da guerra como condición da tregua
05/05/2024 13:25
O primeiro ministro israelí deixou claro que non acepta as demandas de Hamas e seguirá loitando ata lograr todos os seus obxectivos
O Goberno xudeu decidiu este domingo por unanimidade pechar a emisión da canle qatarí Al Yazira no país

Hamas viaxa ao Cairo con "espírito positivo" para estudar a proposta de tregua
04/05/2024 08:55
O grupo islamita adiantou que podería ofrecer unha resposta a principios da semana que vén ou incluso este domingo
Israel ameazou con invadir Rafah se tarda en responder ou rexeita o acordo

Hamas di que vai estudar a nova proposta de tregua que lle acaba de enviar Israel
27/04/2024 08:52
O Estado hebreo advirte que non vai permitir moita demora na resposta mentres prepara a invasión de Rafah

Biden pide a Exipto e a Qatar que lle metan presión a Hamas para chegar a un acordo con Israel
06/04/2024 08:29
O mandatario considera insuficientes as medidas anunciadas por Israel para mellorar a situación humanitaria en Gaza

O Consello de Seguridade da ONU aproba un chamamento ao cesamento do fogo en Gaza
25/03/2024 16:05
A resolución foi aprobada por 14 votos a favor e unha abstención, a dos Estados Unidos
Netanyahu cancela a viaxe dos seus asesores aos EUA por non vetar a resolución da ONU
Un informe da ONU ve indicios de que Israel está a cometer un xenocidio en Gaza

Os líderes da UE piden por primeira vez un cesamento do fogo en Gaza
21/03/2024 21:32
Os líderes da UE piden a Israel "non levar a cabo unha operación terrestre en Rafah"
"Levou tempo unirse pero esta é unha mensaxe forte", asegura o presidente do Consello Europeo
O Reino Unido e Australia únense ao chamamento da UE e urxen un "cesamento do fogo inmediato" en Gaza
Os Estados Unidos ven posible un acordo

Israel mantén os combates en Gaza á espera dunha tregua polo Ramadán
09/03/2024 09:35
Os equipos negociadores volven este domingo ao Cairo para tentar chegar a un pacto na primeira semana do mes sacro musulmán

Os EUA intensifican o envío de axuda en Gaza á espera dun cesamento do fogo
03/03/2024 08:14
Avións militares lanzan 38.000 paquetes de comida sobre a Franxa

Os Estados Unidos volven vetar na ONU un alto o fogo inmediato en Gaza
09/12/2023 08:52
O Goberno de Biden alíñase con Israel e argumenta que o cesamento só serviría para rearmar a Hamás
A resolución, presentada polos Emiratos Árabes Unidos, conseguira o apoio de 97 países en só 24 horas

Ucraína non cre na tregua anunciada por Vladimir Putin para hoxe e mañá
06/01/2023 06:08
Zelenski acúsao de usar o Nadal ortodoxo como tapadeira para frear o avance das tropas locais no Donbás e rearmar as súas
A Unión Europea e os Estados Unidos tamén consideran unha trampa o cesamento do fogo

Putin ordena un cesamento do fogo polo Nadal ortodoxo
05/01/2023 17:21
Empezará este venres ao mediodía e durará 36 horas
Ucraína di que haberá tregua cando Rusia abandone os territorios ocupados