Cargando resultados...
Israel, os EUA e Qatar acordan retomar as conversas para unha tregua con Hamas
As conversas renovaranse a vindeira semana, tras pactar en París un novo esquema

G24.gal
25/05/2024 14:46
Israel, os Estados Unidos e Qatar acordaron este sábado retomar as negociacións para alcanzar unha tregua con Hamas, estancadas desde abril, segundo avanzan medios israelís.
As conversas renovaranse a vindeira semana tras pactar en París un novo esquema negociado polo director da CIA, William Burns, o xefe do Mossad, David Barnea, e o primeiro ministro qatarí, Mohammed bin Abdulrahman al-Thani.