Contido coa etiqueta .
Cetáceos

Unha balea de 15 metros en descomposición vara nunha praia de Sanxenxo
09/10/2024 16:02
O animal puido verse na superficie do mar entre Sanxenxo e Poio este sábado

A abundancia de plancto explica a maior presenza de baleas ao final do verán
07/09/2024 14:20
A balea común, que se despraza dende grandes distancias, é a que ten máis presenza nas augas galegas
O centro de investigación mariña BDRI, con sede no Grove, detectou exemplares procedentes do Mediterráneo

As varadas de cetáceos van camiño de alcanzar unha cifra récord na costa galega
17/08/2024 14:45
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos mariños rexistrou xa 390 varadas no que vai de ano
O 60 por cento dos cétaceos que varan na costa son golfiños comúns

Avistan unha quincena de baleas preto das illas Sisargas e outro grupo en Ons
14/08/2024 15:46
As que pasaron polas illas de Malpica son rorcuais comúns, mentres que as que se achegaron á ría de Pontevedra son baleas alibrancas

Un estudo para predicir a ruta das candorcas di que atacan os temóns como práctica para cazar atún
01/07/2024 15:53
Un científico do Grove analiza a temperatura da auga para saber onde haberá atún vermello, e polo tanto, candorcas
Os prognósticos estanse cumprindo polo de agora e estes cetáceos chegarán a Galicia en poucas semanas

Duplícanse as varadas de cetáceos, focas e tartarugas en Galicia
29/12/2023 13:45
A maior presenza de golfiños e as capturas accidentais, entre as causas

Navegar en augas pouco profundas, o máis eficaz para evitar as candorcas
08/07/2023 14:23
A aplicación Orcinus, promovida pola Xunta, informa dos avistamentos de cetáceos
O último incidente entre un veleiro e as candorcas foi esta semana en Sálvora

Aparece varado nunha praia de Ferrol un xibardo de 10 metros de longo
27/06/2023 13:52
A aparición dun xibardo na zona non é un feito común, por tratarse dunha especie en risco de extinción

Unha balea no peirao da Estación Naval da Graña, en Ferrol
17/03/2023 11:44
Apareceu nas proximidades dos peiraos de embarcacións menores

Atopan restos de plásticos no estómago dun cetáceo achado morto na Coruña
07/03/2023 11:39
Desde principios de ano rexistráronse xa cinco exemplares varados, cando o normal é atopar un cada dous anos
O animal, de máis de seis metros e 2.000 quilos de peso, varou o pasado sábado na praia das Amorosas

A toniña desaparecerá das augas galegas en 20 anos polo impacto das actividades humanas
04/02/2023 15:30
A CEMMA pon en marcha este ano o programa Phocoenando para sensibilizar sobre a situación da toniña
Esta subespecie está en perigo de extinción desde hai ano e medio

Persoal do CEMMA volve ao Freixo para tratar de sacarlle o arpón a Manoliño
01/11/2022 14:15
Nas augas do peirao tratan de conducir o animal cara a unha rampla para sacalo da auga e poder proceder á intervención

Expertos en cetáceos buscan como acceder a Manoliño para sacar o arpón que ten cravado
31/10/2022 11:14
Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) explican que non se pode trasladar porque é moi grande
A ferida parece superficial, pero o golfiño está intentando sacar a variña e iso pode acabar provocándolle problemas máis graves
O animal está asustado e molesto, polo que aínda que habitualmente se amosa cordial coa xente, nestes momentos foxe do contacto

O golfiño Manoliño aparece na ría de Muros e Noia cun arpón cravado
30/10/2022 21:32
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños lembra que está prohibido achegarse ao animal
O colectivo asegura que a vida do arroaz non corre perigo porque a ferida que ten é superficial
Este golfiño solitario apareceu na ría en 2019 e desde entón interactúa con barcos, bañistas e navalleiros

Aparece nas augas da Barbanza o golfiño Manoliño cun arpón cravado no costado
30/10/2022 15:57
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) pide que ninguén intente quitarllo, xa que danarían máis o cetáceo