Contido con Xeográficas .
Noia

Tamén as vilas queren exhibir o agasallo das rúas do Nadal
09/12/2024 21:26
Coa iluminación posta dende hai pouco, pode sorprender a diferenza de opinións entre o día e a noite

Sementan por primeira vez en Galicia berberecho criado nunha granxa
29/11/2024 19:44
A confraría de Noia agarda que o bivalvo consiga o tamaño comercial para a campaña vindeira

O Noia Portus Apostoli cae con estrepito ante o Cartaxena (0-5)
21/11/2024 11:55
Os de Noia non foron quen de impoñerse na casa ante un poderoso contrario

O corredor entre Brión e Noia converterase en autovía tras aprobar a Xunta o seu desdobramento
11/11/2024 11:56
Terá un investimento de 29 millóns de euros e di o presidente, Alfonso Rueda, que facilitará as comunicacións na zona
O Consello da Xunta aprobou tamén a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, co obxetivo de duplicar o número de vivendas de promoción pública ata 2028

Carabela: "Esperamos que o premio NARF nos axude a dar máis concertos"
22/10/2024 18:04
A banda noiesa acaba de gañar o premio NARF, que promove a Deputación da Coruña
Este ano publicaron o seu segundo EP, A noite
Chegaron tamén á final Gloria Pavía e Rafa Morales e mais Cinta Adhesiva

A ría de Muros e Noia segue pechada ao marisqueo por mor da toxina
19/10/2024 17:03
Dúas análises negativas poderían permitir a actividade a vindeira semana

O alcalde de Noia perde a cuestión de confianza e ábrese o prazo para unha posible moción de censura
15/10/2024 18:47
O alcalde di que "non dan os números" para unha moción de censura

Noia pechou con satisfacción a primeira poxa desta agardada campaña de marisqueo
14/10/2024 21:31
Apañaron sobre todo berberecho de terceira e cuarta categoría, que chegou a uns prezos de sete e cinco euros o quilo
O berberecho de primeira, moi escaso, superou os 30 euros o quilo

13/10/2024 19:22
Gran ambiente no derbi de Barraña, no que Álex Rey fallou un penalti para o equipo do Boiro

Malas perspectivas no inicio da campaña de marisqueo na ría de Noia
13/10/2024 13:48
Antes do último temporal, a maior parte do marisco non daba a medida comercial
O patrón maior pide un protocolo para que a presa do Tambre non desaugue coa marea baixa

O luns chegan a Alvedro tres corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia
17/08/2024 14:03
Son o noiés Antonio Barreiro, o vigués César Acevedo e o baionés Santiago Leyenda
.jpg)
Confírmase o falecemento do noiés Antonio Barreiro no Argos Georgia
08/08/2024 18:14
O Goberno informou de que as autopsias realizadas no Reino Unido aos corpos rescatados revelaron a identidade do mariñeiro
É o terceiro e último galego que quedaba por identificar

A Garda Civil desactiva en Noia unha granada e nove foguetes da Guerra Civil
06/08/2024 09:55
Un particular chamou a Garda Civil para informar de que atopara os explosivos mentres realizaba a limpeza do rocho do seu defunto avó

O proxecto de conversión do corredor Brión-Noia en autovía recibe o informe ambiental favorable
02/08/2024 15:48
A primeira parte do proxecto conectará o final da autovía AG-56 Santiago-Brión e o tramo Martelo-Noia

Diploma olímpico para Caetano Horta
02/08/2024 11:15
O padexeiro noiés e Dennis Carracedo quedan en segunda posición na final B de dobre scull lixeiro
A parella española finaliza a súa participación olímpica entre as 8 mellores

Un dos corpos recuperados no naufraxio do Argos podería ser o do noiés desaparecido
31/07/2024 14:52
Á espera de que o confirme a autopsia
O protocolo británico marca que ata dentro de 15 días non se poderá facer a repatriación

A Xunta pídelle ao Goberno que non lle faga "perder máis tempo" coa xestión do litoral
27/07/2024 13:29
Ánxeles Vázquez reclama as competencias que teñen que ver con temas "ambientais, sociais e económicos na franxa da costa"

Noia e Burela agardan xa polos seus rivais na Primeira División FS
24/07/2024 12:16
Os dous equipos galegos xa coñecen o seu calendario para a tempada 2024/25
O Portus Apostoli comeza a súa andadura ante o Ribera Navarra e Burela recibe o Xaén
O primeiro derbi será na Mariña o 4 de xaneiro

Noia volve ao medievo celebrando as vodas de prata
19/07/2024 14:29
Son vinte e cinco anos poñendo en valor o produto artesán
Hai actividades abertas e gratuítas durante todo o día ata o domingo

Caetano Horta buscará medalla en París nos seus segundos Xogos
04/07/2024 12:03
O noiés buscará a medalla co seu compañeiro Denis Carracedo

Tariku Novales vai por todas nos seus primeiros Xogos
02/07/2024 17:00
O noiés fixo un tempo de 2 horas 5 minutos e 48 segundos no Maratón de Valencia, a mellor marca na historia de España

O Eagle Eye activa en Galicia unha operación militar que simulará unha batalla aérea sobre Noia
17/06/2024 14:43
Máis de 3.000 efecivos do exército español, a metade deles pertencentes ao Exército do Aire e do Espazo, participan na despregadura ata o día 21 deste mes
Cazas, fragatas e artillería antiaérea simularán unha batalla de tres días sobre ceo galego, nunha misión que serve de adestramento e que permite ensaiar a integración cos medios marítimos e terrestes

Rescatan un home que caeu dunha altura duns 9 metros mentres practicaba escalada en Noia
13/06/2024 15:05
No momento do rescate estaba consciente e as súas feridas non parecían ser graves
O lugar do accidente era unha zona de moi difícil acceso na beira do río Tambre

Asaltan un bar en Noia por cuarta vez en dez meses
04/06/2024 14:10
Escacharon a cristaleira para chegar á maquina do tabaco, que levaron nun coche roubado

A confraría de Noia comeza a sementeira de ameixa babosa do seu criadeiro
24/05/2024 14:42
Despois de máis dun ano de engorde na planta de Outes e na batea, toca soltar a cría ao mar
Seméntana para rexenerar os bancos da confraría e manter o recurso para o futuro

O Noia gaña a Copa Galicia tras derrotar por 5-2 a un combativo Parrulo
17/05/2024 15:35
Os ferroláns adiantáronse no marcador cun 0-2, aínda que acabaron encaixando cinco goles, tres deles anotados de accións de estratexia
Fpo a despedida de Pola como xogador profesional

Cautela no uso e consumo da auga en Noia
14/05/2024 14:40
O Concello alerta dun posible episodio de contaminación por arrastre no río
Cren que a orixe da vertedura está no xurro que botan os gandeiros e que é arrastrado ao río cando chove

Un home quedou ferido tras recibir un couce dun cabalo na cabeza
04/05/2024 19:48
Os feitos aconteceron nun predio do lugar de Argote, no concello de Noia
Foi trasladado consciente nun vehículo medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

As xeracións novas demostran o amor pola tradición cabalar na Feira de San Marcos de Noia
25/04/2024 21:13
Cabalgar no Barbanza lévase no sangue e hérdase de xeración en xeración

Alta concorrencia na feira cabalar de Noia polo San Marcos
25/04/2024 14:10
Inscribiron oitenta cabalos para participar nas probas morfolóxicas en que a pura raza galega é a maioritaria

Manolo e Víctor Senra correrán cun WRC no Rally de Noia
18/04/2024 18:16
Manolo Senra descarta a pelexa pola vitoria, pero promete espectáculo

Veciños dun edificio de Noia denuncian os ladridos e fortes cheiros dos cans dunha veciña
16/04/2024 14:21
Levan tres décadas padecendo esta situación e aseguran que é "insostible"
Fixeron varios intentos de denuncia, pero todos foron infrutuosos

Pola anuncia a súa retirada:"Non é doado dar o paso, pero a decisisón está meditada"
26/03/2024 16:00
No seu palmarés en clubs atópanse 2 UEFA Futsal Cup, 6 Ligas, 5 Copa de España, 2 Copa do Rey, 6 Supercopas de España e 2 Copa Galicia

Airean os bancos marisqueiros máis arrasados a ría de Noia para que prenda a desova
22/03/2024 13:25
A confraría rastrexará durante dúas semanas os fondos da zona das Saíñas
As larvas de ameixa e berberecho arraigan mellor nos chans menos compactados
Os 1.400 integrantes desta confraría levan sen poder mariscar desde novembro

A Xunta porá en marcha un plan de continxencias contra a contaminación ambiental da costa galega
05/01/2024 17:23
Varios municipios xa comezaron os labores de limpeza, cuxos custos serán transmitidos á empresa propietaria da carga de pellets
O alcalde de Noia asegura que estes microplásticos xa chegaron ás costas asturiana e cántabra

Morre un mozo de 24 anos e seu irmán de 14 queda ferido grave nun accidente en Noia
25/12/2023 07:44
O adolescente foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago
O Concello de Noia declarou este luns loito oficial polo sinistro mortal

O exceso de auga doce nas rías provoca a caída de salinidade que matou os bivalvos en Noia e Rianxo
11/11/2023 15:30
O normal é 35 partes por millón e houbo días que as boias mediron a caída a cero

As confrarías de Rianxo e Noia volven sementar as toneladas de bivalvos que apareceron nas praias
06/11/2023 21:21
Repóñenas en zonas máis profundas da ría en que hai máis salinidade

Derrota contundente do Noia Portus Apostoli no Agustín Mourís
05/11/2023 10:51
Os de Tomás de Dios non conseguiron a vitoria na casa (2-4)
Os andaluces marcharon ao descanso cun 0-3 de vantaxe

A Xunta oficializa o peche ata maio da campaña marisqueira en Noia
03/11/2023 19:55
Este xoves aprobouse unha veda adiantada na ría por causas "de forza maior"