Contido coa etiqueta .
Cotas Pesca

12/12/2024 18:37
O ministro de Agricultura e Pesca visita a confraría de pescadores San Juan Bautista en conmemoración do seu centenario
Destaca que informes científicos sobre a sardiña prognostican a posibilidade de "capturas interesantes"

Acordo de pesca comunitario: menos cotas no Gran Sol e máis en augas ibéricas
11/12/2024 02:01
O Goberno galego considera que o acordo de pesca comunitario se pode reverter, e vaise reverter
No Atlántico, o que máis interesa á frota galega, aumentan un 23 % e un 17 % as cotas de rapante e peixe sapo en augas ibéricas, mantense a da pescada e queda case igual a de linguado no golfo de Biscaia
Do outro lado, redúcense un 62 % a do ollomol, tamén para 2026, e preto do 40 % a do linguado na zona 3a

A Comisión Europea comeza as negociacións das cotas de pesca para o próximo ano
09/12/2024 14:42
En Galicia preocupa a proposta de rebaixar nun 28 % a cota de pescada no Gran Sol

O sector pesqueiro galego está preocupado polo previsible recorte de ata un 28 % na cota da pescada
03/12/2024 14:51
É un dos asuntos que se negociarán a próxima semana no Consello de Ministros de Pesca, no que a Unión Europea fixará as cotas para 2025
O sector advirte de perdas de ata 80 millóns de euros

España aposta por manter a cota de pesca do patudo
21/10/2024 11:05
Luis Planas defende a necesidade de avaliar o impacto económico e social á hora de decidir as cotas pesqueiras

27/09/2024 19:33
A NAFO aumentou a cota de captura deste peixe e autorizou a súa pesca noutra nova
Mantéñense as posibilidades de pesca de anos anteriores para a raia e bertorella, mentres que as capturas de fletán negro terán unha lixeira diminución do 2,4 %

A importación de sardiña toca máximos en Galicia
25/09/2024 15:29
A compra no estranxeiro ascende a 9,3 millóns de euros e case 9.000 toneladas

España e outros 13 países piden a revisión dos recortes ao bocarte do golfo de Cádiz
23/09/2024 11:48
Segundo fontes diplomáticas, a proposta comunitaria supón unha redución das cotas que levaría ao peche da pesqueira "practicamente inmediato"

O sector pesqueiro reclama un cambio das políticas europeas
13/09/2024 14:13
Piden medidas máis flexibles e sobre todo o aumento das cotas
Expertos debaten en Vigo sobre o futuro da pesca e os seus retos

A campaña de sardiña remata este mércores para o cerco galego
27/08/2024 14:49
A frota do noroeste xa completou a cota permitida para esta especie
Moitos barcos terán que amarrar ao quedar sen posibilidades de pesca

10/08/2024 14:24
Levarán esa reivindicación a Bruxelas para que se recoñeza o papel desempeñado polas confrarías na xestión do marisqueo, a acuicultura e a pesca artesanal

Comisan 779 quilos de sardiña nun pesqueiro en Ribeira que superaba o límite de capturas
05/05/2024 12:11
Os axentes entregaron o exceso de sardiña a un centro benéfico

Arranca a campaña da sardiña da frota do cerco
19/03/2024 14:02
Son pouco optimistas porque a cota de capturas é un 21 % menor

A Xunta ve decepcionante para Galicia o acordo pesqueiro da UE
13/12/2023 14:44
O conselleiro do Mar di que só houbo pequenos avances en especies como a pescada ou a meiga grazas ao traballo que vén facendo a frota

As confrarías consideran o acordo de cotas "moi malo" para a pesca artesanal galega
13/12/2023 09:18
O presidente da Federación Galega de Confrarías afirma que está "frustrado" pola redución en especies como o abadexo, o xurelo e o linguado
José Antonio Pérez Sieira pensa que a situación dos caladoiros non xustifica os recortes nas especies máis habituais da pesca artesanal en Galicia

A UE pacta as cotas para 2024 cun incremento para España de capturas de pescada
12/12/2023 12:28
A frota española poderá pescar un 10,5 % máis de pescada, o que supón "a cifra máis importante do século", segundo o ministro Luis Planas

A UE trata de pechar este martes as cotas de pesca para 2024
12/12/2023 11:19
Os acordos previos co Reino Unido e Noruega clarifican as posibilidades de pechar o pacto en augas do Atlántico
O principal atranco para acadar un acordo está na intención de reducir un 9,5 % o esforzo pesqueiro no Mediterráneo

Galicia pídelle ao Goberno "máis ambición" na negociación das cotas de pesca
11/12/2023 20:06
O sector galego, preocupado polas novas sobre a anguía, o xurelo e o abadexo
O ministro Planas amósase "moderadamente optimista" sobre o resultado

Alfonso Villares: "Para Galicia é fundamental conseguir máis capacidade pesqueira"
11/12/2023 10:30
O conselleiro do Mar participa en Bruxelas no Consello Europeo de Pesca que fixará as cotas do ano vindeiro
Pide que o Goberno declare como zona catastrófica as rías máis afectadas pola mortaldade de marisco para "axilizar as indemnizacións e garantir que cobren todos os afectados"

O consello de ministros de Pesca da UE negocia as cotas dos vindeiros anos
10/12/2023 20:32
A xuntanza dos ministros de pesca europeos rematará previsiblemente o martes

Primeiro contacto entre os 27 para acordar as cotas pesqueiras do 2024
20/11/2023 20:23
Galicia espera boas novas sobre a pescada e haberá loita polo xurelo
España, Francia e Portugal, unidas contra a redución en meiga ou cigala

A frota galega poderá pescar o dobre de bacallau o ano que vén en augas da NAFO
22/09/2023 14:28
Tamén aumenta o 56 % a cota de escarapote e mantense a do fletán

España considera "inaceptable" a postura de Noruega de fixar as súas cotas de pesca
18/09/2023 21:11
O ministro Planas propón aprobar restriccións comerciais como represalia
Os 27 analizaron as negociacións co Reino Unido para pechar un acordo en decembro

Planas cualifica como "inaceptable" que Noruega fixe cotas de pesca de maneira "unilateral"
18/09/2023 16:14
Na reunión de ministros de pesca da UE prepáranse as negociacións co Reino Unido e con Noruega para a repartición de cotas nas augas compartidas

A Garda Civil incautouse de 698 quilos de sardiña en Ribeira
28/07/2023 08:56
Na inspección do barco localizaron 60 caixas (698 quilos) ocultas con sardiña a bordo detrás doutras caixas

Bruxelas propón reducir as capturas de atún no Índico
11/04/2023 21:17
A proposta discutirase no mes de maio na Conferencia Internacional do Atún
A posición da UE baterá contra a de países de África, Asia ou Oceanía

Rueda reúnese coa presidenta da Comisión Europea o próximo 27 de marzo en Bruxelas
19/03/2023 12:27
Úrsula von der Leyen recibirá o presidente da Xunta para tratar asuntos prioritarios para o presente e o futuro de Galicia
Será o primeiro presidente dunha comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da Unión Europea

Bruxelas amplía o veto á frota de arrastre co peche de novos caladoiros para o ano que ven
18/01/2023 14:34
A aplicación da norma será progresiva aumentando do 10% actual ata chegar ao 30% no ano 2030
Para o Goberno galego a medida carece de rigor científico

Os países da UE aproban o pacto de pesca para 2023 pechado co Reino Unido
22/12/2022 19:13
O regulamento publicarase no Diario Oficial da UE a finais de xaneiro de 2023, pero aplicarase de xeito retroactivo desde o día 1 dese mes

O sector do cerco e a Xunta van solicitar un paro biolóxico pola rebaixa da cota do xurelo
19/12/2022 14:32
Para paliar o impacto económico desta medida, que consideran catastrófica para a frota galega, tamén estudan pedirlle ao Executivo que se asigne a cota de xurelo a cada barco

A frota do cerco estuda pedir medidas compensatorias polas limitacións do xurelo
14/12/2022 14:52
O acordo da UE só permite a pesca accidental de 3.200 toneladas de xurelo no norte de Fisterra
Estudan un paro biolóxico ou un aumento na cota de sardiña como alternativa

Galicia ve "claramente negativo" o acordo de pesca da UE
13/12/2022 08:38
Péchanse os caladoiros do Atlántico Nororiental para a pesca do xurelo, algo que afecta a frota galega
Veda de seis meses para a pesca de anguía

A frota galega segue as negociacións das cotas en Bruxelas pendente do xurelo
12/12/2022 12:48
A proposta comunitaria é de prohibir a súa pesca ao norte de Fisterra
A Xunta cre que un acordo neses termos é prexudicial para o sector, e o Goberno non entende o cambio de postura da Comisión Europea
Respecto a outras especies, incluso medran os topes e a negociación parece menos complexa

España, Francia e Portugal proporán á UE acordos de pesca plurianuais
11/12/2022 19:28
O Goberno español considera inaceptable a redución dos días de pesca no Mediterráneo
Galicia está especialmente preocupada polo posible peche das capturas de xurelo

Os ministros de Pesca da UE deciden o futuro inmediato da pesca española
11/12/2022 14:21
A xuntanza non rematará antes do martes ao mediodía
Galicia está especialmente preocupada polas capturas de xurelo e anguía

Galicia pide que España reclame ante a UE que non se prohíba a pesca do xurelo
10/12/2022 19:15
A Xunta estima que o veto a esa especie tería un impacto duns 30 millóns na economía galega
A Consellería do Mar envíalle ao Goberno argumentos socioeconómicos para evitar a cota cero
España vai pedir este domingo menos recortes de cotas de linguado e lagostino no reparto da UE para 2023

Nace en Vigo a Mesa da Ciencia Pesqueira para afrontar os retos do século XXI no sector
01/12/2022 21:09
Os novos datos científicos poden xogar a favor do recurso ante a UE

A frota do Cantábrico non esgotou a cota de bonito nesta costeira
04/11/2022 12:05
Foi a costeira máis longa dos últimos anos, pero malia iso o balance de volume de negocio é satisfactorio

A proposta para as cotas pesqueiras de 2023 aumenta o tope de pescada sur
31/10/2022 14:09
Soben os topes para a pescada sur un 10 %; para o peixe sapo, un 12 %, e para o rapante do Cantábrico, un 33%
Baixan as cotas para cigala do Cantábrico un 36 %; o linguado, un 11%, e o abadexo, un 10 %

Bruxelas propón aumentar en 2023 a cota de pescada e peixe sapo
28/10/2022 16:21
A Comisión Europea tamén propón incrementar a cota de xurelo e do rapante, mentres que apunta a recortes na cigala, o abadexo, o linguado e o ollomol