Contido coa etiqueta .
Diego Bello
.png)
Aprazada ao 5 de agosto a vista polo asasinato do coruñés Diego Bello en Filipinas
17/06/2024 12:10
A vista que foi suspendida era unha nova sesión da causa que se segue en Manila contra tres policías filipinos "acusados de asasinar o empresario coruñés e de falsificar probas para tratar de xustificar a súa morte", recalcan

Asasinato de Diego Bello: "Confiamos na xustiza filipina, se non non estariamos aquí"
22/11/2023 10:01
A familia do mozo coruñés, cara a cara cos seus presuntos asasinos
"Temos que ter en conta en que país estamos intentando condenar estas persoas", di o avogado da familia
A xustiza filipina debe decidir se os tres acusados poden saír libres baixo fianza ata que se celebre o xuízo contra eles, que calculan que podería ser dentro dun ano
.png)
Os avogados de Diego Bello presentan probas contra a liberdade baixo fianza dos acusados
12/10/2023 10:19
Segundo a lexislación filipina, todos os acusados teñen dereito a liberdade baixo fianza mentres estea pendente a sentenza, excepto en delitos graves, como o asasinato
O empresario galego, de 32 anos, morreu nunha operación antidroga presuntamente orquestrada polos policías

Empeza nas Filipinas o xuízo pola morte de Diego Bello
11/10/2023 18:10
Tres policías están acusados de asasinato e de manipulación da escena do crime
Na primeira xornada declarou unha experta en balística

O xuízo por Diego Bello, asasinado nas Filipinas en 2020, comezará a medidados de outubro
30/09/2023 14:39
Hai tres policías acusados de abater o mozo coruñés e colocar probas falsas no escenario

O xuízo pola morte do coruñés Diego Bello comeza o 11 de outubro
28/09/2023 17:03
Vanse xulgar os membros da Policía Nacional filipina acusados do asasinato do mozo

Os avogados da familia de Diego Bello piden trasladar os acusados do asasinato a Manila
06/09/2023 10:41
A acusación que exercen os representantes da familia do mozo galego asasinado nas Filipinas quere que os tres policías sinalados por este crime "poidan asistir ao xuízo en vivo"

Trasladan o xuízo pola morte do coruñés Diego Bello a Manila, como pedía a familia
10/08/2023 19:18
Os achegados da vítima cren que este traslado pode facer que a resolución do caso sexa máis rápida

08/08/2023 13:41
Nesa vista solicitaban a liberdade baixo fianza dos presuntos asasinos do mozo coruñés

Os policías filipinos acusados de matar a Diego Bello decláranse inocentes
01/03/2023 16:27
Os tres axentes escoitaron os cargos mediante videoconferencia na prisión en que permanecen detidos

As Filipinas prometen un xuízo xusto aos presuntos asasinos do coruñés Diego Bello
15/02/2023 11:16
Entregáronse o pasado día 9 na sede do Poder Xudicial, en Manila, tras case un ano fuxidos
O xulgado de Manila ordenou a entrada en prisión sen fianza dos tres policías
A primeira audiencia do xuízo celebrarase o 1 de marzo de maneira telemática

Entréganse en Manila os tres policías acusados de asasinar a Diego Bello
14/02/2023 13:25
O xulgado encargado do caso ordenou a entrada en prisión sen fianza dos tres policías
Tiñan unha orde de busca e captura desde o 25 de marzo de 2022 e entregáronse o pasado 6 de febreiro de forma voluntaria
Haberá unha vista por videoconferencia coas partes para o próximo día 1 de marzo

Os tres policías acusados de matar a Diego Bello levan dez meses en paradoiro descoñecido
09/01/2023 12:52
Tres anos despois do asasinato nas Filipinas, o caso está en punto morto
A familia custea os gastos xudiciais coa venda da roupa da marca que patentara Diego

Medo e agarimo nas Filipinas, onde mataron hai tres anos o empresario galego Diego Bello
08/01/2023 13:20
Os tres axentes filipinos acusados de matalo están ilocalizables cunha orde de detención e ingreso en prisión sen fianza

20/09/2022 13:22
A nai do mozo coruñés reuniuse co cónsul filipino en España, que lle trasladou o compromiso do seu país por esclarecer o crime e atopar os policías acusados de matalo

15/09/2022 14:40
Os axentes seguen en paradoiro descoñecido

Os policías acusados de matar a Diego Bello seguen fuxidos
15/06/2022 18:08

22/04/2022 14:20
O gobernador dunha provincia filipina podería estar involucrado no crime
A familia do mozo coruñés vai presentar un recurso para que trasladen o caso a un xulgado de Manila

Ordenan o arresto dos policías filipinos acusados de matar o coruñés Diego Bello
20/04/2022 20:12
Os tres axentes ingresarán en prisión sen fianza acusados de asasinato e falsificación de probas

A Fiscalía filipina solicita abrir xuízo contra os policías que presuntamente mataron a Diego Bello
07/03/2022 14:19
O auto do fiscal incide en que houbo unha conspiración para matar ao mozo coruñés
Mantén a acusación de falsificación de probas e de asasinato e rexeita o delito de perxurio

17/11/2021 14:27
O avogado da familia di que hai probas dabondo para que o xuízo pola morte de Diego Bello vaia adiante