Contido coa etiqueta .
Luis Rubiales

Hermoso di que Rubiales non a respectou: "Estaba a bicarme o meu xefe, e iso non debe ocorrer"
03/02/2025 12:18
A preguntas da tenenta fiscal da Audiencia Nacional, Marta Durántez, Hermoso asegurou que Rubiales manchou "un dos días máis felices" da súa vida
Rubiales, que se enfronta a unha petición de dous anos e medio de prisión, sentará no banco xunto ao exdirector deportivo da selección masculina Albert Luque, o exadestrador da feminina Jorge Vilda e o antigo responsable de márketing da RFEF Rubén Rivera, acusados de coaccionaren a xogadora para que xustificase o bico
A tenenta fiscal da Audiencia Nacional Marta Durántez destaca que a conduta de Rubiales foi "sorprendente e sen consentimento nin aceptación" da internacional, e incide na "situación de acoso" á que foi sometida despois para que "xustificase e aprobase" o bico

O xuízo a Rubiales polo bico non consentido arrincará o 3 de febreiro de 2025
17/06/2024 12:32
Tamén sentarán no banco outros tres acusados de coaccionar a xogadora para que xustificase a actuación do expresidente da RFEF: o exdirector deportivo da selección masculina, o adestrador da feminina e quen foi responsable de Márketing da Federación

Rubiales volve acusar a Jenni Hermoso de cambiar a súa versión sobre o bico
17/05/2024 11:35
"Eu vou seguir mantendo a miña versión desde o principio ata o final, porque é a verdade", dixo Rubiales tras recoller na Audiencia Nacional a resolución que o envía a xuízo por presuntos delitos de agresión sexual e coaccións á futbolista

A Audiencia Nacional abre xuízo oral a Luis Rubiales polo bico a Jenny Hermoso
08/05/2024 20:56
A Fiscalía pide para o expresidente da Federación Española de Fútbol dous anos e medio de prisión

Rubiales irá a xuízo oral polo bico non consentido a Jenni Hermoso
08/05/2024 19:19
A Audiencia Nacional dálle un prazo de 24 horas para presentar dúas fianzas: 65.000 euros pola acusación de agresión sexual e outros 65.000 en conxunto cos outros acusados por coaccións
Arbert Luque, Jorge Vilda e Rubén Rivera tamén irán a xuízo por un delito de coaccións

A xuíza cre que o contrato da Supercopa incluíu terreos en Arabia para Rubiales
30/04/2024 14:21
A xuíza sospeita que o contrato que levou a Supercopa de fútbol a Arabia Saudita puido comportar "un pago en especie a favor" do seu entón presidente, Luis Rubiales
"Non se pactou ningunha comisión en especie nin nada diferente do contrato", asegurou onte Rubiales

Rubiales conserva o seu pasaporte pero terá que pedir permiso á xuíza para viaxar fóra
29/04/2024 16:51
Luis Rubiales: "Xamais houbo ningún diñeiro que se reciba de maneira irregular, nin unha licitación irregular"

Rubiales nega irregularidades no contrato da Supercopa: "Salvouse o fútbol"
29/04/2024 12:44
O expresidente da RFEF negou en sede xudicial o pagamento de comisións a Gerard Piqué ou á súa empresa Kosmos
A xuíza permitítelle conservar o seu pasaporte, pero ordenoulle que informe e pida permiso ao xulgado se quere viaxar fóra de España

O Goberno anunciará este xoves que intervén a RFEF
25/04/2024 00:06
O CSD convocou a súa comisión directiva ás 11:00 co fin de someter a votación se Pedro Rocha e a comisión xestora da RFEF son suspendidos provisionalmente por falta moi grave

Luis Rubiales irá a xuízo polo bico a Jenni Hermoso
22/04/2024 10:50
A Audiencia Nacional rexeita os recursos dos investigados e confirma os indicios da comisión de delitos contra a liberdade sexual e coaccións

A xuíza, a Rocha: "Hai cousas que tiña a obriga de coñecer e manifesta que as descubre agora"
19/04/2024 11:50
Preguntáronlle sobre como funcionaba a Comisión Económica da Federación e como se subscribiron varios contratos, incluído o asinado para levar a Supercopa de fútbol a Arabia Saudita
Rocha insistiu en que non entendía por que se cambiaba a súa condición para investigado
.png)
12/04/2024 12:44
Rocha pasa a figurar na lista de investigados na peza separada, coñecida como Brody, sobre os contratos para levar a Supercopa a Arabia Saudita
O TAD abre expediente a Rocha por falta moi grave ao non convocar eleccións no seu momento e extralimitarse nas súas funcións

Rubiales pide acceder ás contas embargadas
11/04/2024 14:37
Apunta que precisa os cartos para pagar as pensións das súas tres fillas, a súa vivenda en Granada, o seguro médico da súa nai ou viaxes mensuais á República Dominicana por negocios

A UCO detectou un sobrecusto de 5,7 millóns en viaxes da RFEF na época de Rubiales
04/04/2024 12:54
Globalia facturou á Federación 80 millóns de euros entre 2018 e 2022

Luis Rubiales: "Xamais amañei un contrato e con Gruconsa non teño nada que ver"
04/04/2024 08:48
O expresidente da Real Federación Española de Fútbol nega que recibise mordidas e afirma que actualmente non ten ingresos: "Non podo nin pagar unha Coca-Cola"
Rubiales descarta que exercese "coacción" sobre Jenni Hermoso

A Garda Civil quere comprobar se Piqué pagou comisións a Rubiales pola Supercopa
03/04/2024 19:37
Os investigadores querían coñecer o destino dos fondos dunha conta de Kosmos en que se cobraron "comisións de éxito aboadas" por Sela -empresa pública saudita- (4 millóns por ano)

Luis Rubiales queda en liberdade tras declarar ante a Garda Civil
03/04/2024 13:44
O expresidente da Federación Española de Fútbol foi detido ao chegar a España procedente da República Dominicana
A xuíza bloquea máis de 50 contas a investigados e embarga un Mercedes a Rubiales

Deteñen a Luis Rubiales tras aterrar no aeroporto de Baraxas
03/04/2024 10:50
O expresidente da Federación Española de Fútbol está sendo investigado por contratos presuntamente irregulares dos últimos cinco anos na entidade

A UCO rexistra o aloxamento de Luis Rubiales na República Dominicana
02/04/2024 21:34
O expresidente da RFEF está a ser investigado por un delito de corrupción e asegurou que volvería a España o vindeiro sábado

A fiscalía pide dous anos e medio de cárcere para Rubiales polo bico e as coaccións a Jenni Hemoso
28/03/2024 14:29
Un ano por un delito de agresión sexual e ano e medio por un delito de coaccións

A Fiscalía pide 2 anos e medio de prisión para Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso
27/03/2024 14:59
O Ministerio Fiscal trasladou á Audiencia Nacional o seu escrito de conclusións provisionais no que tamén pide condenas para outros tres responsables federativos

Quedan en liberdade o exasesor xurídico de Rubiales e o detido polas obras na Cartuja
22/03/2024 11:47
Ambos os dous detidos polos presuntos contratos irregulares na RFEF negáronse a declarar
Rubiales desmentiu que estea a tramitar a nacionalidade dominicana e xustificou a súa presenza no país caribeño por cuestións laborais

Rubiales volverá a España o 6 de abril e está "a plena disposición da xustiza"
21/03/2024 10:35
A avogada do expresidente da RFEF explica á xuíza do caso dos contratos irregulares que o seu cliente ten billete de volta de República Dominicana o próximo 6 de abril.
Rubiales será detido en canto regrese a España por varios contratos irregulares da RFEF

Montse Tomé nega que recibise presións da Federación para non convocar a Jenni Hermoso
02/02/2024 13:13
A adestradora da selección feminina de fútbol negou este venres que o seu predecesor, Jorge Vilda, ou alguén da Federación influísen na súa decisión de non convocar a Jenni Hermoso

A Audiencia Nacional propón xulgar a Rubiales polo bico non consentido a Jenni Hermoso
25/01/2024 11:00
O xuíz concluíu que o bico "non foi consentido e foi unha iniciativa unilateral e sorpresiva"
Ve indicios para sentar no banco ao exseleccionador feminino Jorge Vilda

Jenni Hermoso ratifica ao xuíz que o bico de Rubiales non foi consentido e sufriu presións
02/01/2024 12:56
A futbolista declarou na Audiencia Nacional que o bico "foi inesperado e en ningún momento consentido"
Tamén afirmou que despois, tanto o voo de volta a España como na súa estancia en Eivisa, os investigados "metéronlle presión" de forma constante

Codina apoia a Jenni Hermoso e confirma presións polo bico non consentido de Rubiales
01/12/2023 12:17
A xogadora da selección declara unha hora nos xulgados de Pontevedra como testemuña do caso Rubiales

O xuíz cita a declarar a Jenni Hermoso o vindeiro martes polo caso Rubiales
22/11/2023 13:13
A xogadora da selección xa deu a súa versión dos feitos ante a Fiscalía o pasado 5 de setembro, que acabou presentando unha querela contra Rubiales tras escoitar a futbolista

O TAD inhabilita por tres anos a Luis Rubiales
17/11/2023 15:59
Ano e medio é polo bico que deu á xogadora da selección Jenni Hermoso tras a final do Mundial feminino
Outro ano e medio é polo seu comportamento no palco durante a mesma final en Sydney

A FIFA inhabilita durante tres anos a Luis Rubiales
30/10/2023 12:27
O máximo organismo futbolístico mundial reitera o seu compromiso absoluto de "respectar e protexer a integridade de todas as persoas e garantir que se respecten as regras básicas dunha conduta decente"
Rubiales apelará: "Chegarei ata a última instancia"

Compeza a rolda de testemuñas en caso Rubiales con De la Fuente e o ex-xefe de Comunicación
29/10/2023 08:22
As declaracións están programadas dende o 14 ao 30 de novembro

Albert Luque admite que tentou falar con Jenni Hermoso, pero nega coaccións
24/10/2023 12:12
O director da selección masculina de fútbol indicou que o fixo porque tiñan unha relación de amizade
Luque foi o último dos catro investigados nesta causa en declarar

Vero Boquete: "O problema está na raíz, e segue aí"
13/10/2023 20:42
A futbolista galega falou da situación do fútbol feminino tras o caso Rubiales
Vero Boquete pensa que se deron os cambios máis urxentes pero que cómpre unha aposta decidida con vistas ao futuro

O exseleccionador Jorge Vilda nega que coaccionase a Jenni Hermoso
10/10/2023 12:38
O exseleccionador de fútbol feminino e o director de Márketing da Federación Española de Fútbol, Rubén Rivera, negaron ante o xuíz que coaccionasen a futbolista para que dixese que o bico de Rubaies fora consentido
Vilda negou que recibise instrucións ou que lle metese presión ao irmán da xogadora, aínda que si que recoñeceu que se achegou para falar con el no avión de volta do Mundial

Jenni Hermoso, ante a Fiscalía: "Non merezo ter vivido todo isto"
10/10/2023 07:42
Sae á luz a declaración da xogadora na Audiencia Nacional
Asegura que o bico non foi consentido e que se sentiu "violentada ou violada"

Rubiales implica a Vilda: "Díxome que falou co irmán de Jenni, 'un tío razoable'"
04/10/2023 11:46
O expresidente da RFEF recoñeceu na Audiencia Nacional que lle pediu a Jenni saír para dar explicacións: "Acabamos con isto, que isto vaime facer moito dano"

Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez confirman ao xuíz as presións a Jenni Hermoso
02/10/2023 13:43
Ningunha delas accedeu a atender os medios que as esperaban ás portas dos órganos xudiciais

Tres xogadoras da selección declaran ante o xuíz do caso Rubiales
02/10/2023 08:47
Dúas comparecerán por videoconferencia e unha de forma presencial
Serán preguntadas tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial

O xuíz do caso Rubiales cita como testemuña o seleccionador Luis de la Fuente
29/09/2023 13:56
Tamén cita o director de Comunicación da RFEF, Pablo García-Cuervo

A xefa de prensa da selección admite que recibiu presións
28/09/2023 16:21
A responsable de prensa da selección fixo tamén entrega do seu teléfono móbil no xulgado para proceder ao seu envorcado en relación ás presuntas coaccións á futbolista Jenni Hermoso