Contido coa etiqueta .
Pesca Ilegal

Desarticulada unha rede de pesca ilegal: 62 detidos e 30 toneladas de marisco intervidos
19/12/2024 10:50
O valor dos produtos comisados supera os 10 millóns de euros
Detectaron que algúns dos implicados poderían incorrer tamén en actividades de tráfico de seres humanos e explotación laboral

A Policía detén 14 persoas por extracción ilegal de marisco en Ferrol
03/12/2024 12:18
Comisaron máis dunha tonelada de marisco en mal estado, 79.000 euros e oito piscinas cos seus sistemas de depuración
Na operación colaboraron tamén os efectivos policiais de Portugal e o Servizo de Gardacostas galego

Dezasete inspectores de Pesca do Caribe fórmanse en Vigo para loitar contra a pesca ilegal
09/09/2024 13:44
O curso organizado pola FAO impártese no porto de Vigo, a bordo do buque Intermares
O obxectivo é reforzar os coñecementos dos participantes para logo aplicalos nos seus países

Comisan 2.500 quilos de sardiña en Corcubión por exceso de capturas
29/08/2024 09:27
As sardiñas comisadas foron destinadas ao Banco de Alimentos Rías Altas

Sorprendidos dous homes que pescaron no río 200 troitas con aparellos eléctricos en Lugo
26/07/2024 11:21
Unha práctica totalmente ilegal, de pesca masiva, moi daniña tanto para a fauna como para a flora dos ríos
Os dous pescadores investigados foron sorprendidos con máis de 200 troitas

Comisan salmonete, pescada e abadexo en Corme por irregularidades na descarga
31/05/2024 10:25
A Garda Civil detectou irregularidades na descarga e almacenamento do peixe
Os produtos comisados foron entregados ao centro benéfico Padre Rubinos

Comisados máis de 100 quilos de navalla furtiva en Porto do Son e Outes
27/04/2024 11:51
As capturas ilegais foron sementadas de novo nas zonas de extracción

Desartellado un grupo furtivo dedicado á pesca de meixón en Valdoviño
23/03/2024 12:13
Tiñan redes colocadas de xeito estratéxico e suxeitas con ferros e cordas atadas a árbores e pedras no leito
Usaban trueis para extraer o meixón e tamén dispuñan dunha gran nasa rectangular dun metro cúbico

Requisan 65 toneladas de fletán ao pesqueiro galego Villa Nores, armadora do Pitanxo
20/03/2024 13:41
Contra o barco pesa unha acta de sanción por infracción grave da Lei de Pesca Marítima por estes feitos
O excedente de capturas foi almacenado no Banco de Alimentos de Vigo

Incáutanse de 3.250 quilos de xurelo en Camariñas por exceso de capturas
21/09/2023 10:02
Atoparon abandonados no cantil 1.245 quilos doutra embarcación que non puido ser identificada

Desmantelan unha organización de comercialización ilícita de peixe en Pontevedra
01/09/2023 11:09
Cinco empresas implicadas no almacenamento, venda e transporte ilegal de peixe espada capturado por barcos que superaban as cotas

Intervidas en España 18 toneladas de anguía, que superarían os 20 millóns de euros no mercado negro
31/08/2023 14:00
En total, en Europa, coa colaboración de máis de 30 países, interviñéronse 25 toneladas de anguía e detiveron 256 persoas
Tres das toneladas requisadas foron reintroducidas ao medio natural

Comisados 34 quilos de percebe na costa de Ferrol
11/08/2023 10:08
Os 34 quilos de percebe foron entregados ao Centro Tutelado de Menores da Xunta de Galicia en Ferrol

Comisan 106 quilos de marisco ilegal en dúas intervencións en Cabo de Cruz
24/07/2023 11:50
Dous furtivos foron interceptados con 103 quilos de berberecho na zona de Triñáns

Incáutanse de máis de 1.100 quilos de sardiñas en Malpica polo San Xoán
25/06/2023 12:10
Axentes do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña aprehenderon 1.116 quilos de sardiña no peirao de Malpica

Interveñen 186 quilos de percebe ilegal que poderían valer uns 16.000 euros no mercado
15/06/2023 11:19
Na confraría levan tempo loitando contra o furtivismo e denuncian que isto lles está a supoñer todo tipo de ameazas

Requisan varios quilos de polbo inmaturo, nécoras e Santiaguiños en Malpica
13/05/2023 10:29
Os axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil comisaron 7,4 quilos de polbo inmaturo, 8 quilos de nécoras e 1,05 quilos de Santiaguiños

Aprehenden 90 quilos de polbo capturados sen autorización en Malpica
01/04/2023 12:20
Estaban en bolsas no interior dun furgón e a captura non fora declarada no diario de pesca

Desarticulada unha banda que traficaba con angulas entre Galicia e Portugal
16/03/2023 12:01
As forzas de seguridade comisaron 400 quilos desta especie, que era pescada ilegalmente no río Miño e comercializada en Portugal
Detiveron dúas persoas en Pontevedra e investigan outras once no país veciño

17/01/2023 14:43
Realizarán labores de vixilancia en augas internacionais e tamén realizarán outro tipo de operacións
O acto de botadura tivo lugar no porto de Vigo co lanzamento dunha botella de cava a cada buque