Contido coa etiqueta .
Romaría

Polémica pola nova imaxe de Santa Minia en Brión, que recibe milleiros de romeiros
27/09/2024 15:21
Ata o vindeiro domingo, polbo, verbena, música e devoción atraerán milleiros de persoas a esta romaría en Brión

Procesión do Encontro e danzas gremiais na honra da Virxe do Cristal
15/09/2024 14:46
A imaxe, réplica da orixinal desaparecida dende o asasinato do párroco en 2015, percorreu Vilanova dos Infantes
No centro do burgo medieval encontrouse con san Roque e san Sebastián

A romaría do Monte Faro, en Chantada, axunta un ano máis devoción e tradición
08/09/2024 14:54
Unha multitude de fregueses acudiron ao Monte Faro para participar na romaría
Moitos devotos recrearon o viacrucis descalzos ou de xeonllos

A romaría dos Milagres atrae milleiros de fieis ao santuario de Baños de Molgas
07/09/2024 20:23
A tradición continúa enchendo a contorna do lugar, que este domingo celebra o día grande
Pola noite celébrase un dos actos máis agardados, cando se vela a imaxe con unicamente a luz das candeas

Volve o Naseiro, cinco días de convivencia, veciñanza e festa ás beiras do Landro, en Viveiro
24/08/2024 15:01
A festa de Interese Turístico Nacional naceu durante a Segunda República e celebra tamén o Bo Xantar

As embarcacións enchen o río Mandeo na festa dos Caneiros en Betanzos
18/08/2024 20:39
Este domingo celébrase a primeira xira da festa, que se repetirá o próximo día 25
Unha romaría de convivencia entre diferentes xeracións de betanceiros

Pontevedra celebra a festa do santo máis milagreiro
11/07/2024 14:46
Malia a chuvia, unha multitude de devotos acudiu á romaría do San Benitiño de Lérez
A festa, de Interese Turístico Nacional, celébrase tamén con gastronomía e concertos no río

30/06/2024 19:33
Coñecida coma Romaría do Bo Xantar e de interese turístico, celébrase a finais de agosto
Renuncian a continuar organizándoa, logo de dez anos facéndoo

Día grande da Romaría da Virxe do Corpiño
24/06/2024 15:07
É o santuario máis visitado de Galicia con 150.000 persoas que acoden cada ano para pedir milagres o quitar o diaño
Celébrase este día porque coincide coa última aparición da Virxe

Devotos de toda Galicia acoden á romaría do corpiño en Lalín
23/06/2024 13:51
Este luns é o día grande. Remata o Ano Mariano no Santuario de nosa Señora do Corpiño e pechan a Porta Santa.

Milleiros de fieis na Romaría do Santo Antonio Ventureiro de Xove
13/06/2024 14:07
Os devotos piden polo amor, a saúde e os obxectos perdidos
É unha romaría de Interese Turístico Galego

Xuntanza de "pantaleóns" en Paderne, na comarca de Betanzos
08/06/2024 17:24
É unha celebración rotatoria en que participan veciños de cinco parroquias de Cantabria, Burgos, A Coruña e Lugo que levan San Pantaleón no nome

Santiago rememora o histórico Banquete de Conxo
26/05/2024 15:05
Os composteláns participan na romaría que se celebra na carballeira de Conxo
A compañía Os Quinquilláns encargouse da recreación de teatral do xantar de confraternidade entre clases sociais celebrado no século XIX

Comeza a época dos exvotos de cera
24/05/2024 18:11
Algunhas peticións son algo extravagantes: "Pediume un pene expresamente"

Milleiros de persoas acoden á romaría dos Milagres de Saavedra
24/05/2024 13:55
Os fieis cumpriron coas tradicións de portar exvotos e tallas da virxe arredor do santuario

Trinta mil peregrinos na romaría da Virxe da Franqueira, das máis antigas de Galicia
20/05/2024 22:21
Acoden de toda Galicia e do norte de Portugal
A peregrinación data do século VII

Ferrol saúda a chegada da primavera na romaría de Chamorro
01/04/2024 14:24
Centos de fieis cumpren coa tradición e soben a pé ata o santuario para facer a súa ofrenda ante a Virxe do Nordés
Nesta cita non faltan os postos de rosquillas e de candeas para realizar as ofrendas

A chuvia non impide a presenza de centos de devotos na romaría da Nosa Señora das Cabezas
01/04/2024 14:13
Os romeiros pídenlle á Virxe a cura de enfermidades relacionadas coa cabeza

Multitude en Bembrive nun San Brais marcado polas gaitas e furanchos
03/02/2024 14:44
Unha das máis tradicionais romarías da localidade gozou dun día solleiro para as celebracións

Os romeiros ateigan Santo Ourente para pedirlle protección ao san Campio
29/09/2023 14:28
A orixe desta romaría en Outes remóntase a finais do século XVIII
Coñécese tamén como a romaría "do mal cativo", porque a tradición era pedir protección para as enfermidades mentais

Chantada celebra a romaría da Virxe do Monte Faro
08/09/2023 14:53
Este sábado os romeiros levarán a súa Virxe para que pase o inverno ao abrigo da igrexa de Requeixo

Día grande da Virxe dos Milagres no santuario de Baños de Molgas
08/09/2023 14:51
A noite pasada celebrouse o rosario dos Fachos

A Romaría da Franqueira celebra o seu día grande
08/09/2023 14:30
A tradición marca que hai que pasar por baixo do carro de bois onde a imaxe da Virxe sae en procesión

26/08/2023 21:10
Ribadavia, Salvaterra de Miño, Chantada ou Boimorto celebran as súas romarías e os seus festivais máis famosos

90 edición do Naseiro, a romaría do Bo Xantar en Viveiro
25/08/2023 20:47
Cinco días de romaría, comida, bebida, amizade e troula

Betanzos celebra a versión familiar da súa romaría dos Caneiros
05/08/2023 20:40
É unha celebración máis respectuosa coa tradición que as xiras do 15 e do 25 de agosto

Milleiros de persoas acoden á romaría do San Benitiño de Lérez
11/07/2023 16:56
A este santo e ao aceite que fan no seu mosteiro atribúen a curación de espullas e outros males da pel

A romaría da Virxe do Corpiño celebra este sábado o seu día grande
23/06/2023 16:22
Esta festa tradicional é unha das máis concorridas de Galicia

A Nosa Señora da Franqueira, na Cañiza, celebra as pascuíñas
29/05/2023 16:31
Os saúdos e reverencias, no que participan unhas 70 imaxes, é o acto central do día

Centos de devotos acudiron á romaría dos Milagres de Saavedra, en Begonte
24/05/2023 14:03
No día grande, os romeiros cumpriron con tradicións como portar exvotos ou candeas

Feijóo promete volver o ano que vén á romaría do Pino como presidente de España
29/04/2023 14:41
Feijóo e Rueda clausuran a romaría popular que se celebra cada ano neste concello
Critica a visita de Sánchez á Coruña e cre que debería aprender da xestión da Xunta

Rueda confía nun bo resultado nas municipais e anima a traballar "sen sectarismos"
29/04/2023 14:36
O líder do PPdeG presumiu na romaría do Pino de presidir "o mellor Goberno e o mellor partido de España"

Galicia e Portugal comparten a romaría do Lanzo da Cruz no luns de Pascua
10/04/2023 22:16
As localidades de Sobrada en Tomiño e de Cristelo Covo en Valença intercambian o símbolo relixioso para pedir boa tempada de pesca


O día grande da Santa Minia enche Brión de romeiros
27/09/2022 14:03
A esta celebración preto de Santiago acoden persoas desde distintos lugares de Galicia

Continúa a polémica pola romaría de Santa Marta de Ribarteme
22/09/2022 21:28
Os veciños reclaman que volvan os cadaleitos á procesión

Retómase a última festa tras a pandemia: a romaría de San Mateo de Monforte
21/09/2022 21:04
Nesta ocasión, ao caer a mediados de semana, asistiron menos romeiros ca outras veces

Milleiros de fieis asisten na Pobra do Camariñal á procesión das mortallas
18/09/2022 13:59
A tradición de desfilar cos cadaleitos remóntase ao século XV
Este ano houbo catro féretros ofrecidos, menos ca noutras edicións

Milleiros de fieis acoden ao santuario dos Milagres de Amil no día grande da festa
11/09/2022 14:17
A celebración vai continuar ata o 25 de setembro

Romaría da Virxe do Faro: "É o momento de vir ofrecerlle á Virxe este sacrificio"
08/09/2022 15:06
Hai quen fai de xeonllos a subida ao santuario