Contido con Temática .
Empresa E Laboral

Manifestacións de taxistas en varias cidades de España contra as aseguradoras por pólizas "abusivas"
29/01/2025 12:05
Os taxistas piden regular as subas das pólizas dos seguros e un cálculo xusto da sinistralidade
A maior parte da protesta espérase en Madrid e Barcelona, cunha marcha lenta e colapso do tráfico

O Goberno suma 330 millóns á licitación de Muface, cunha suba do 41,5% na prima
28/01/2025 17:09
O novo incremento era un dos requisitos que expuxeran aseguradoras como Adeslas ou DKV
As aseguradoras Asisa e Adeslas valoraron de forma positiva a mellora das condicións da licitación
CSIF convoca os funcionarios á folga o 13 de febreiro en defensa do modelo de Muface

Galicia buscará talento no exterior, con feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai
28/01/2025 14:41
Un dos grandes retos do mercado laboral é a escaseza de man de obra
As feiras de emprego faranse en colaboración coas empresas galegas

Xunta e Unións Agrarias defenden a necesidade de reducir o diferencial do prezo do leite galego
28/01/2025 14:21
O 90 % terán que estar listos a un de abril
Unións Agrarias quere rematar co que consideran un diferencial inxustificado antes de que comecen esas negociacións
.png)
CSIF convoca os funcionarios á folga o 13 de febreiro en defensa do modelo de Muface
28/01/2025 13:27
A convocatoria afecta máis de medio millón de persoal funcionario de todo o país en distintos ámbitos: persoal docente universitario e non universitario, centros da Administración Xeral do Estado e persoal funcionario de Correos
Durante a xornada prevese a convocatoria dunha concentración para que a cidadanía poida adherirse á protesta

Abanca logra un beneficio récord en 2024: 1.203,1 millóns, un 69,1 % máis
28/01/2025 11:34
Os directivos da entidade presentaron este martes os resultados, que aseguran que se basean nun "crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance", cunha "robusta rendibilidade recorrente"

A IA chinesa DeepSeek limita os accesos por ciberataques tras causar un sismo na bolsa
28/01/2025 10:05
A plataforma "segue investigando o problema" e non especificou a natureza destes ataques
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegura que o éxito da tecnolóxica chinesa debería supoñer "unha chamada de atención" para as empresas do sector no seu país
.png)
España suma 468.100 empregos en 2024 e reduce a taxa de paro ao 10,6 %
28/01/2025 09:00
Segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística, o desemprego reduciuse en 265.300 persoas durante 2024, ata os 2,59 millóns de parados
Galicia suma 17.400 empregados en 2024 e recurta a taxa de paro ao 8,6 %

27/01/2025 18:41
Nvidia, creadora de ChatGPT, caeu 600.000 millóns este luns. É a maior caída diaria da historia
A China precisou só seis millóns de presuposto e dous meses para crear unha aplicación equivalente a ChatGPT
DeepSeek está a liderar as listas de descargas de App Store nos Estados Unidos

A Xunta declara proxecto industrial estratéxico a planta de biometano que Nortegas fará en Curtis
27/01/2025 12:01
Está previsto que a factoría comece a funcionar en 2026

27/01/2025 11:20
O ministro lembrou que o texto ten que contar cunha maioría parlamentaria suficiente para ser aprobado no Congreso
Insistiu tamén en que as pemes deben ser "máis produtivas e competitivas".

Varias orquestras buscan chofer para os seus tráilers
24/01/2025 14:30
Cústalles atopar condutores para levar os camións dos espectáculos
"É un reto meter un tráiler de 40 toneladas nalgúns campos da festa", di o condutor dos Satélites

24/01/2025 11:37
A xuíza dá por finalizada a instrución do caso e sinala estes oito acusados por delitos de apropiación indebida ou administración desleal, insolvencia punible, branqueo de capitais e constitución ou pertenza a organización ou grupo criminal
No auto da maxistrada detállanse as fórmulas para descapitalizar as empresas e desviar activos cara ao seu patrimonio persoal e sociedades creadas para facerse coa súa propiedade

O grupo saudita STC convértese no terceiro accionista de Telefónica tras facerse co 9,97 %
24/01/2025 09:39
A Sociedade Estatal de Participacións Industriais, co 10 %, é o principal accionista da multinacional
Defensa di que calquera movemento de STC en Telefónica será respectando a seguridade nacional

23/01/2025 13:53
Tras dous anos de transición para adaptar as instalacións, o proxecto inclúe un calendario de traballo desde 2027 ata 2037
A nova plataforma permitirá producir coches do segmento B, máis pequenos e cunha autonomía de ata 500 quilómetros

As axencias de viaxes entregan ao Goberno un manifesto contra o rexistro de viaxeiros
23/01/2025 13:02
Aseguran que é unha lei "que non se aplica en ningún outro lado do mundo e que afecta moito a competitividade das axencias de viaxes"
Amezan con ir aos tribunais se o Goberno non lles dá unha solución

Traballo non acepta a proposta de CEOE de subir o SMI un 3 % e apraza a decisión ao próximo mércores
23/01/2025 08:53
A proposta da patronal elevaría o SMI dos actuais 1.134 euros brutos mensuais en 14 pagas aos 1.168 euros, é dicir, 34 euros máis ao mes, fronte ao incremento do 4,4 % que o Ministerio de Traballo expuxo aos axentes sociais, é dicir, 50 euros máis ao mes

Traballo non acepta a proposta de CEOE de subir o SMI un 3 % e apraza a decisión ao próximo mércores
22/01/2025 21:10
A proposta da patronal elevaría o SMI dos 1.134 euros brutos mensuais aos 1.168, 34 euros máis ao mes, fronte ao incremento do 4,4 % que propón Traballo, 50 euros máis
CCOO e UXT valoraron de maneira positiva a proposta de CEOE, pero reivindican que "está lonxe" das pretensións dos sindicatos

Banco Sabadell confirma o regreso a Cataluña sete anos despois de marchar polo 'procés'
22/01/2025 19:42
É a primeira gran cotizada que regresa a Cataluña tras a saída en 2017 de numerosas empresas polo procés
Considera que "xa non se cumpren as circunstancias que motivaron o seu traslado"
.png)
Stellantis confirma a produción de coches eléctricos en Vigo e Zaragoza
22/01/2025 17:43
Farán vehículos eléctricos de batería multienerxía, cunha autonomía de ata 500 quilómetros
.png)
O comité di ter preparada unha querela por suposta “estafa agravada” contra Alcoa
22/01/2025 16:32
Faino polo "incumprimento do acordo asinado legalmente” para a construción do forno de ánodos, “o principal investimento recollido no acordo de viabilidade”

CEOE propón un 3 % de subida do SMI e solicita ter en conta os custos laborais
22/01/2025 15:25
O Ministerio de Traballo expuxo á patronal e aos sindicatos unha subida do 4,4 %, ata os 1.184 euros mensuais en 14 pagas
A redución da xornada laboral aínda está pendente de aprobación no Consello de Ministros

O sindicato CSIF convocará folga de funcionarios se o concerto de Muface volve quedar deserto
22/01/2025 15:01
O prazo para que as aseguradoras presenten ofertas expira o 27 de xaneiro

Os transportistas temen a suba do diésel á que se comprometeu o Goberno con Bruxelas
22/01/2025 14:22
Os transportistas, sobre todo os autónomos, serán os máis afectados pola suba do diésel
O Goberno central terá que aprobar a medida antes do 21 de marzo

Naturgy proxecta unha central hidroeléctrica no Miño con 500 millóns de investimento
21/01/2025 18:33
O proxecto contempla a reforma da central de Frieira, en Padrenda, e construír unha balsa superior en Crecente, co obxectivo de convertela nunha planta de bombeo de 485 megawatts
Considérase a Filgueira "como un proxecto estratéxico para o sistema enerxético español"

A falta de man de obra agrávase: máis de 7.630 postos vacantes en 2024
21/01/2025 15:18
Os desaxustes no mercado laboral fan que moitas empresas e pequenos negocios non atopen traballadores
Os empregos sen cubrir aumentaron un 17 % no último ano, e a maioría concéntranse na sanidade, comercio, hostalaría e industria manufactureira

Industria, Xunta, Alcoa e Ignis asinan un acordo que inclúe o rearranque da planta de San Cibrao
21/01/2025 15:04
A Xunta destaca que a compañía debe "empezar a traballar cos empregados nun novo plan de viabilidade", o Ministerio axilizará eólicos e o comité redúceo a "fume"
Acórdase axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovables para lograr custos enerxéticos competitivos
Recolle "o interese das partes" en colaborar xunto cos traballadores da planta para lograr a estabilidade das operacións

O servizo de entrega de bombonas a domicilio estuda paralizar o repartimento de forma indefinida
21/01/2025 14:08
Os distribuidores ameazan cun paro pola falta de resposta do Goberno central ás súas reivindicacións
Piden a suba das comisións que cobran por cada bombona de butano que entregan

Un home morre e outro queda ferido crítico tras unha explosión no porto de Barcelona
21/01/2025 11:27
O suceso produciuse pola explosión nun tanque de acetato de metilo

Incerteza entre as empresas galegas exportadoras aos Estados Unidos
20/01/2025 14:33
O sector agroalimentario é un dos máis afectados, sobre todo o do viño e o do aceite
Tamén a industria do metal: a automoción e a aeronáutica temen as consecuencias da política arancelaria de Trump

Ángel Escribano, elixido novo presidente de Indra en substitución de Murtra
19/01/2025 20:34
O nomeamento chega menos de 24 horas despois da confirmación de que Marc Mutra deixaba Indra para substituir a José María Álvarez-Pallete como presidente de Telefónica

A CIG mobilízase nas Pontes para reivindicar "un plan industrial e emprego" na localidade
19/01/2025 15:31
Os manifestantes berraron consignas como: "Para nós os despedimentos, para Endesa os beneficios" ou "Queremos traballar e non emigrar"

A poboación migrante, man de obra da construción galega, un exemplo en Carballo
18/01/2025 14:25
A empresa Hermanos Barbeira ten tantos traballadores cubanos coma galegos no seu cadro de persoal
Contratar poboación de fóra a miúdo require trámites extralaborais para que os traballadores accedan a unha vivenda e teñan os permisos necesarios

Telefónica cesa a Álvarez-Pallete e pon á fronte a Marc Murtra tras o movemento da SEPI
18/01/2025 11:33
A substitución do presidente de Telefónica prodúcese nun contexto marcado pola recente entrada de novos actores no seu consello de administración
Feijóo enmarca a substitución en Telefónica na "deriva antidemocrática" de Sánchez

Roberto Verino entra no metaverso
16/01/2025 16:36
O proxecto, denominado CuarentaxDiez, foi ideado por Iago Jover Mariño, terceira xeración da marca
A unión de moda e tecnoloxía permite coñecer os corenta anos de historia da firma
O proxecto inclúe un avatar do propio Roberto Verino

Bezos lanza con éxito o foguete New Glenn e acelera a competencia espacial con Musk
16/01/2025 16:08
Blue Origin cumpre coa súa primeira misión de proba ao conseguir entrar en órbita, pese a non conseguir aterrar o propulsor

Traballadores de Levantina piden "un futuro para a compañía" no Porriño tras o anuncio dun ERE
16/01/2025 15:30
O ERE afectará 95 traballadores dos 106 que hai na actualidade no Porriño
Os sindicatos defenden a viabilidade da planta

Os sindicatos apertan para subir o SMI a 1.200 euros
15/01/2025 21:08
O Goberno propón subir 50 euros, ata os 184, pero móstrase flexible
Convoca os axentes sociais a outra reunión o día 22 para pecharen un acordo

Goberno e axentes sociais abren a negociación da suba do salario mínimo coas posturas distanciadas
15/01/2025 14:45
A ministra de Traballo propón unha alza do 4,4 % e pide altura de miras para chegar a un acordo