Evacúan ao hospital por intoxicación catro membros dunha familia de Vigo
Os bombeiros confirmaron unha alta concentración de monóxido de carbono
A causa do accidente foi a mala combustión dunha estufa de butano
Catro membros dunha familia de Vigo tiveron que ser evacuados da súa vivenda con síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono. Os bombeiros e a Policía Local que se trasladaron ata o lugar dos feitos comprobaron unha alta concentración de monóxido no domicilio debido á mala combustión dunha estufa de butano.
Ocorreu no barrio vigués de Lavadores. Tres dos afectados estaban no domicilio cando comezaron a sufrir os síntomas pola intoxicación, e un cuarto, un menor, xa estaba no colexio cando comezou a encontrarse mal.
Tras realizar unha inspección da vivenda, axentes da Policía Nacional e Local, xunto a unha dotación de bombeiros, confirmaron unha alta concentración de monóxido de carbono. Unha ambulancia trasladou os afectados ao hospital Álvaro Cunqueiro con síntomas compatibles cunha intoxicación.
A mala combustión dunha estufa de butano foi a causa do accidente.