Cargando resultados...
Galicia rexistrou dez terremotos no que vai de decembro, dous deles con magnitude superior a 3
Os xeólogos din que non é motivo de alarma, pero advirten de que a comunidade está entre as que teñen un risco sísmico moderado
Ata o de agora, ningún tremor superou os 5,1 graos do de Triacastela, no ano 1997
G24.gal
09/12/2023 15:30
Última actualización 08/12/2023 18:09
A terra treme en Galicia. No que vai de mes de decembro rexistráronse quince terremotos, dous deles cunha magnitude superior a 3. Os xeólogos din que non é motivo de alarma, pero advirten de que, dentro da Península Ibérica, Galicia ten un risco sísmico medio. De momento, ningún tremor superou os 5,1 graos do gran terremoto de Triacastela, no ano 1997.