Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rexistrado un terremoto de 3 graos de magnitude en Baleira

Rexistrado un terremoto de 3 graos de magnitude en Baleira

O sismo produciuse ás 12:37 horas e sentiuse, con diferente intensidade, en Becerreá, O Corgo, Folgoso do Courel, Castroverde e Lugo

Nas últimas horas tamén se rexistraron tremores leves en Vilariño de Conso e Cervantes

Instituto Xeográfico Nacional Instituto Xeográfico Nacional
G24.gal 19/12/2024 13:43

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este xoves un terremoto de magnitude 3 no municipio lucense de Baleira.

Segundo a información recollida polo IGN, o sismo produciuse ás 12:37 horas a 20 quilómetros de profundidade e sentiuse, con diferente intensidade, en Becerreá, O Corgo, Folgoso do Courel, Castroverde e Lugo.

Así mesmo, nas últimas horas tamén se rexistrou un tremor de terra leve con epicentro en Vilariño de Conso, na provincia de Ourense, de intensidade 1,8 mbLg.

Neste caso, o movemento sísmico foi detectado cando pasaban poucos minutos das 22:00 horas deste mércores, cunha magnitude leve e con epicentro a 22 quilómetros de profundidade.

Ademais, este mércores tamén se rexistrou outro tremor no municipio de Cervantes, en Lugo, á primeira hora da mañá. Este sismo foi tamén leve, cunha magnitude de 1,7 mbLg, e con epicentro a 9 quilómetros de profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade