Cargando resultados...
Os usuarios do tren aínda descoñecen se continuarán os abonos de balde en 2024
Os viaxeiros piden que o Goberno central aclare canto antes se se vai prorrogar a axuda
G24.gal
07/12/2023 14:28
A validez do último abono cuadrimestral do ano que adquiriron os viaxeiros remata o próximo 31 de decembro. Polo momento, o Ministerio de Transportes non se manifestou sobre a continuidade da medida.
A fin da gratuidade suporía para moitos un cambio na forma de desprazarse ao non poder facer fronte ao custo dos billetes.
Colectivos e plataformas de usuarios reclaman a vixencia da medida e piden ao Goberno central que comunique canto antes a súa decisión.
Coa gratuidade do servizo, o uso do tren aumentou de xeito considerable. Preto de sesenta e cinco mil galegos empregaron o abono nas súas viaxes.