Cargando resultados...
Seis anos de cadea por un homicidio en grao de tentativa
Condenado por acoitelar un home á saída dun local de copas de Ourense

G24.gal
10/11/2023 20:16
Última actualización 10/11/2023 20:23
A Audiencia Provincial de Ourense condenou un home a seis anos de cárcere como autor dun homicidio en grao de tentativa.
Segundo o tribunal, quedou probado que o condenado acoitelou un home, en dúas ocasións, con intención de matalo á saída dun local da zona dos viños de Ourense, tras protagonizar unha liorta.
Os feitos ocorreron en abril do ano pasado. Contra esta sentenza cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.