Cargando resultados...
'A cadratura do círculo', o último proxecto expositivo de Eduardo Hermida
A mostra está aberta ao público ata o 27 de abril no Torrente Ballester de Ferrol
A iluminación e unha peza audiovisual sobre o artista redondean a exposición
O artista crea arte popular para que chegue a todo o mundo, coma o proxecto das Meninas de Canido
G24.gal
16/02/2022 08:21
Durante o confinamento o artista Eduardo Hermida creou un cento de pezas que hoxe forman parte da mostra A cadratura do círculo.
A maioría son obras que lembran os formatos das vellas Polaroids en tempos de Instagram. O conxunto constrúe un concepto multidisciplinar onde pintura, escultura e fotografía emerxen a través da cor para habitar un espazo público: o Torrente Ballester de Ferrol.
