Publicador de contidos

Publicador de contidos

Artur Puga: "O meu método céntrase en como pasa o baile a través do corpo, non na repetición"

Artur Puga: "O meu método céntrase en como pasa o baile a través do corpo, non na repetición"

O proxecto Seisporoito é unha escola itinerante que procura a difusión da cultura tradicional galega dentro e fóra de Galiza

A escola aposta pola formación de calidade que combine o desenvolvemento profesional cunha metodoloxía innovadora

Vigo, Salceda de Caselas, Ourense, Allariz, Xinzo, Verín, A Gudiña, Madrid e Barcelona teñen xa aulas Seisporoito

O coreógrafo e educador Artur Puga
G24.gal 24/09/2024 14:58 Última actualización 24/09/2024 16:32

Agora, xa temos novas posibilidades para aprender a bailar. Seisporoito é o novo proxecto dun dos mellores bailadores galegos: Artur Puga. 

O baile tradicional galego pasa por un momento de luz, pero a Artur Puga ocorréuselle que a cultura tradicional galega precisa máis difusión e máis formación. Para iso nace este proxecto, unha escola itinerante que de momento xa se espalla por varias localidades galegas, pero tamén por Madrid ou Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos