Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Ninguén está curado, outra cousa é que queiramos tirar para diante", di unha vítima do Alvia

"Ninguén está curado, outra cousa é que queiramos tirar para diante", di unha vítima do Alvia

Continúan as comparecencias dos afectados do accidente do xuízo do Alvia 

Case dez anos despois, as feridas das vítimas seguen abertas 

G24.gal 16/02/2023 14:04 Última actualización 16/02/2023 14:35

A comparecencia das vítimas do accidente do Alvia segue evidenciando que, case dez anos despois, as feridas dos afectados seguen moi abertas. Un día máis, manter a quenda de preguntas non sempre foi sinxelo, tanto para os presentes coma para os que comparecían a distancia.

O obxectivo desta fase civil do xuízo é valorar o dano de cada un dos afectados no sinistro, incluídos os que nun primeiro momento se consideraron ilesos. 

Moitos dos que declararon na terceira xornada desta fase lembraban como nos momentos previos ao descarrilamento presentiron o que ía pasar porque o tren levaba moita velocidade. 

Tamén describiron con detalle o que viviron deseguido atrapados entre ferros, po, cristais e sangue. Agás aqueles que aínda manteñen un bloqueo total sobre o que pasou.

"A miña filla non falou nunca máis do tema. Eu aínda non sei o que viu, porque é a forma que ela ten de defenderse".

Quen saíu ileso do impacto físico, acusa aínda hoxe, a pegada do golpe emocional. 

"Aquí non hai ninguén curado, outra cousa é que queiramos tirar para adiante. Pero cada vez que recordo isto, que cada vez é máis tempo, pásame o mesmo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade