Cargando resultados...
Guillermo Carbajo: "En 'Os contos de Lobicán' tiramos abaixo os prexuízos na infancia"
Os contos de Lobicán baseáse nun texto de Eva Mejuto que levou o Premio Barriga Verde para textos de teatro de monicreques
Os contos de Lobicán, de Redrum Teatro, estréase este sábado en Teo e o domingo están no Auditorio Municipal de Vigo
G24.gal
17/10/2024 15:10
Última actualización 17/10/2024 16:34
Nos relatos clásicos o lobo sempre é o malo. Pero as historias mudan. Os contos de Lobicán, un texto de Eva Mejuto que gañou o Premio Barriga Verde no 2022, dálles volta aos clásicos e transmite valores unversais como o amor a natureza.
A compañía Redrum Teatro estrea agora con este texto un espectáculo de monicreques para nenos. Será este sábado en Teo.