Cargando resultados...
Mª Ángeles Iglesias: "Esta peza é unha aposta polo que queremos que medre, o amor"
'As formas do amor' é unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego
A peza, dirixida por Gena Baamonde, reflexiona sobre o que chamamos 'amor' e incorpora a música e o humor
Próximas datas de 'As formas do amor': 24 de xaneiro, A Coruña, 14 de febreiro, Compostela, 8 de marzo, Viveiro
Os actores María Ángeles Iglesias e Sergio Zearreta
G24.gal
22/01/2025 12:44
Última actualización 22/01/2025 20:43
"Sempre hai un libro que non queres que remate nunca". Iso di Sergio Zearreta en 'As formas do amor', unha montaxe da compañía Verdeveras, con dramaturxia de María Ángeles Iglesias, que fala deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida.
Hoxe visítannos Sergio e María, parella sobre as táboas, que fan unha pausa na súa xira para falar dun tema universal: como sobrepoñerse ao amor.